Pablo Rodríguez, Asociación Veciñal de Puxedo: "Recuperamos todas as airas, sete muíños do Mao e 16 hórreos"

O lugar de Puxedo, na parroquia de San Paio de Araúxo (Lobios) é un exemplo de recuperación patrimonial. Hai dez anos veciñas e veciños iniciaron unha experiencia que a día de hoxe conseguiu restaurar o retablo barroco da súa igrexa, 16 hórreos, eiras e lagares, entre outros elementos do seu patrimonio. Pablo Rodríguez, portavoz do plan veciñal que o fixo posíbel, conta a Nós Diario como tivo lugar a transformación deste recuncho do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. 
Pablo Rodríguez é o portavoz da asociación veciñal de Puxedo, en Lobios (P. Rodríguez)
photo_camera Pablo Rodríguez é o portavoz da asociación veciñal de Puxedo, en Lobios (P. Rodríguez)