Jaione Camborda

f_8_JaioneCamborda
Cinema

Jaione Camborda: "O raro é pensar por que se fala galego no filme"

Jaione Camborda (Donostia, 1983) atopa en Arima, a súa ópera prima, o punto xusto onde esvae a estrema entre real e imaxinario. Cineasta natural de Euskal Herria, desenvolve desde hai anos o seu traballo na Galiza. Após pasar polo Festival de Sevilla, recibir o premio na sección Escáner do Festival Márgenes (Madrid) e estréase en Cineuropa (Compostela), a súa longametraxe inaugurou o pasado 10 de decembro Novos Cinemas (Pontevedra). O universo feminino e fantasmal recréase nun filme poliédrico no que a ollada torna fundamental como punto de rotación. Eis un estrato da entrevista publicada no número 376 do Sermos Galiza.
[Foto: cedida] Fotograma de 'Arima', de Jaione Camborda
De 10 a 15 de novembro

'Arima', de Jaione Camborda, inaugura o festival Novos Cinemas

A primeira longametraxe de Jaione Camborda inaugura a vindeira edición do festival Novos Cinemas de Pontevedra, que terá lugar de 10 a 15 de decembro. Para alén desta proxección, a cineasta participa activamente noutras actividades do proxecto, co que está implicada desde hai anos.