independentismo

tarda
Joan Tardá, portavoz de ERC no Congreso

"Será moi difícil colaborar co Goberno Sánchez se non achegan os presos"

É a voz do independentismo de esquerdas catalán. E é tamén un vigoroso defensor da República, entendida esta non tanto como unha forma de estado -como a antítese da monarquía- senón como o empoderamento dos sectores subalternos da sociedade, aqueles que nunca tiveron voz e que moitas veces -agora mesmo o pobo catalán- tampouco tiveron o dereito a decidilo todo. Joan Tardá (Cornellá de Llobregat, 1953) non é Nova Política, fai parte do mellor da política da vella escola (non, non todo o vello é ruín). Ningunha concesión á demagoxia, ningunha procura do titular fácil. O pensamento racional -tamén a paixón pola igualdade e polo recoñecimento da súa nación- por diante. Falamos nesta conversa da moción de censura a Raxoi, da diferenza que ve entre nacionalismo e independentismo e dos retos que ten o soberanismo de esquerdas no seu país. Nen máis nen menos que a construción da República, unha construción para á que, proclama, "fai falta sermos máis". Moitos máis.

 

Militantes de Ceivar ao paso da manifestación pola Praza Galiza
SOCIAL

Multa de 1.800 euros a 3 persoas que despregaron unha faixa solidaria cos presos independentistas

Denunciados pola Policía, os feitos decorreron en Compostela no marco dunha mobilización a prol do proceso catalán.

Núñez Feijóo, nunha imaxe do discurso difundida pola Xunta de Galiza
Discurso de fin de ano do Presidente da Xunta de Galiza

Feijóo di que o independentismo (catalán) "atentou contra o noso Estatuto de Autonomía"

"Existe un modelo galego de convivencia que adopta diferentes formas, pero que sempre se fundamenta na cohesión. Ese modelo permítenos hoxe figurar entre as comunidades que saen da crise sen roturas e sen divisións", dixo Alberto Núñez Feijóo no discurso de fin de ano do Presidente da Xunta de Galiza, emitido este mediodía pola TVG e gravado na sala do Museo do Mar que acolle o Pergamiño Vindel, en Vigo.

Moitos votantes de Cidadáns teñen un conflito, non xa cos independentistas, senón con eles mesmos

DRmfO5TWkAAfVsy
CIUDADANOS, FORZA MÁIS VOTADA, SEGUIDA DE JUNTS PER CATALUNYA

O independentismo derrota nas urnas o 155

O independentismo mantén a maioría absoluta (70 de 135 escanos da Cámara) nun 21D no queCiudadanos foi a forza máis votada. 47,5% dos votos foron para candidaturas independentistas, 45% para as constitucionalistas e 8% para Catalunya en Comù.

O desexábel e o posíbel

[Imaxe: Galizacontrainfo]
Con motivo do 6-D

Colectivos independentistas reclaman a autodeterminación de Galiza

Ao pé da cruz fascista que se erixe no Castro, en Vigo, colectivos independentistas apelaron á superación do réxime do 78 e a reivindicaron a autodeterminación de Galiza.

[Imaxe: Dani Candal] Reconto do 1-O
21-D

O independentismo gañaría as eleccións con ERC á cabeza

Non habería sorpasso do unionismo, aínda que Ciudadanos se situaría como segunda forza con 31-32 escanos, por detrás de ERC, que gañaría as eleccións do 21-D ao obter 35 ou 36 asentos no Parlament. Así, o independentismo seguiría ostentando a maioría en Catalunya.

Xosé Mexuto. Vlogue 4 de decembro de 2017
Vlogue de Xosé Mexuto

"O fascismo español estivo sempre bastante esperto"

No seu vlogue, o director do Sermos dixital, Xosé Mexuto, avalía as declaracións de Pablo Iglesias sobre a suposta responsabilidade do independentismo catalán no espertar do fascismo español.

[Imaxe: Elisenda Alamany‏] Pablo Iglesias, á dereita, ao rematar o acto político
21-D

Pablo Iglesias acusa o independentismo de “contribuír a espertar a pantasma do fascismo”

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, afirmou o domingo, 3 de decembro, que o independentismo “contribuíu a espertar a pantasma do fascismo” no Estado español, aínda que non pretendesen facelo.

bandeira estreleira
POLÍTICA

Entidades e colectivos manteñen vivo o “Nada que celebrar” no Día da Constitución

Convocan unha concentración o 6 de decembro en Vigo para denunciar o carácter “neofranquista” do actual réxime e reivindicar a República Galega.

antom arias curto
Antom Arias Curto

“Con erros e acertos, sempre me guiou o amor pola liberdade do meu pobo”

O pasado mes de maio a Casa das Campás de Pontevedra acollía a presentación do documentario A palavra dun patriota, no que se repasaba a traxectoria de Antom Arias Curto, con décadas de militancia independentista ás costas.

Antom Santos, setembro de 2017.
Antom Santos, ex preso independentista

"Da cadea non saes con ningunha fórmula máxica para o independentismo"

No Sermos Galiza 263 conversamos con Antom Santos, ex preso independentista galego. Unha entrevista sobre a súa experiencia na prisión, sobre a súa reincorporación á sociedade galega após máis de cinco anos de reclusión e sobre as perspectivas de futuro que se abren perante o proxecto político que el defende para a Galiza. Eis un extracto da conversa.

senlheiro concentración
SOCIAL

A defensa pide a absolución para Nahuel e Irati

A acusación pedía 5 anos de cárcere. "Ten castigar calquer tipo de movemento social, de contstación", afirma Nahuel, unha das acusadas. 

sardeña sardo mural
POLÍTICA

Mozos galegos, sardos, curdos e irlandeses debaten en Sardeña sobre independentismo

Participan no III encontro internacional que organiza Scida-Giovunus independentistas, organización xuvenil sarda.

independentismo 25 xullo
POLÍTICA

Independentistas de base anuncian voto para o BNG

Após unha asemblea e posterior votación telemática, 'Galiza em Pé!' toma a decisión 'colectiva' de apoiar o BNG o 25 de setembro. Un apoio “puntual” e “en chave de país” mais que, advirten, non é un “cheque en branco”.

Iolanda Galego
Iolanda Galego

“No seu día o nacionalismo superou o rexionalismo, agora o independentismo debe superar o nacionalismo”

Conversamos cunha das persoas que integra a comisión organizadora que convoca a manifestación independentista deste 25 de xullo.

E por que não MAIS independentismo, precisamente?
 Réstia de perguntas à esquerda “não independentista”

Emigraçom e independência nacional

Podemos e xs independentistas