eventos

Algúns dos agasallos da XV edición de Santiago(é)tapas (Foto: Santiago Hostalería).
Agora

Santiago(é)tapas fecha a XV edición este domingo con centos de premios

A XV edición do Santiago(é)tapas, organizada por Turismo de Santiago, rematará este domingo tras conseguir converter a capital da Galiza "no epicentro da gastronomía en pequeno formato, grazas ás propostas culinarias que están a ter unha grande acollida entre o público, aos máis de 200 agasallos directos entregados a quen completa algunha das cinco '(é)tapas', e ás tres rutas especiais: Ruta Sen Glute, Ruta Doce e Ruta Vexetariana", segundo salientaron esta quinta feira desde a organización deste evento. Entre os máis de 200 agasallos para o público que completa as '(é)tapas', atópanse premios como abonos dobres para a tempada do Obradoiro CAB, así como a asistencia a diversas propostas culturais, turísticas e de saúde e benestar. Desta maneira, até este domingo, o público poderá seguir probando a gran cantidade de tapas que ofrecen os locais de hostalaría composteláns e votando as súas preferidas, ademais de selar o Tapasporte de cada local visitado, conseguindo os diversos agasallos directos na Oficina de Turismo da rúa do Vilar por cada '(é)tapa' finalizada.
eevntos eenarios
TRABALLO

Desconvocada a convocatoria de folga ao se chegar a un acordo no sector de Eventos

O principal avance acadado no acordo é a nivel salarial, xa que se contempla un incremento salarial de 5,7% para 2023, e o IPC, cun mínimo de3%, para os anos 2024 e 2025.