consumo

Eleccions2012

CxG defende o pequeno comercio como garante de consumo responsábel e de calidade

O candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, avogou en Padrón polo pequeno comercio para fomentar o consumo e produción de alimentos locais, de calidade e sustánbeis nunha defensa do sector produtivo galego. En Porto do Son mantivo unha xuntanza aberta coa veciñanza
Equisol
SOCIAL

As ONGDs galegas apostan polo consumo responsábel en Compostela

A Coordinadora Galega de ONGD e Intermón Oxfam organizan os días 5 e 6 de outubro, na Facultade de Filosofía da USC, as xornadas 'Vivir mellor con menos: alternativas para un consumo crítico e responsábel'. Ademais de actividades varias participarán Carlos Taibo, Marta Pascual, Antonio Hernández e Lourdes Benavides.

Marisqueo
ECONOMÍA

Jorquera chama a frear as importacións ''masivas'' de peixe de fóra e ''incentivar o consumo do produto galego''

Nun encontro coa confradía da Coruña, o candidato do BNG á Xunta arremeteu contra o PP por ter pulado na UE pola supresión da denominación de orixe dos produtos do mar. Di o nacionalista que os tres anos de goberno de Feijóo estiveron ao servizo ''de grandes conglomerados da pesca'' e dos intereses da acuicultura industrial
Rajoy na asemblea da CEOE
Mundo

As políticas de Rajoy contraen o consumo e agudizan a recesión

Os últimos datos aportados polo INE amosan que a redución salarial e o aumento progresivo do desemprego froito da reforma laboral, fan caer o consumo final dos fogares. Entrementres o gasto familiar diminúe a recesión agrávase.  

ECONOMÍA

O Goberno español minte: o seguinte recibo cobrará a luz, a auga e o gas co IVE do 21%

O ministro de Industria declara que a subida do imposto non se aplicará ao subministro anterior ao 1 de setembro. Mais a Lei do IVE de 1992 ampara ás empresas para cobrar segundo o novo tipo impositivo. Nin PSOE nin PP mostraron intención de mudala
Tenda de Comercio xusto de Amarante
SOCIAL

Amarante convídanos a un consumo responsábel

A Organización inaugura esta segunda feira, día 4 de xuño, unha exposición na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela.
Oficina de BBVA (Europa Press).
Agora

A economía galega medrará 2,1% en 2024, di BBVA Research

O produto interior bruto (PIB) da Galiza crecerá 2,1% en 2024 e 2,2% en 2025, segundo as previsións que actualizou esta cuarta feira BBVA Research, que revisou á alza a previsión de crecemento do PIB do Estado español en 2024, até unha taxa de 2,1% pola mellora do emprego, o consumo e as exportacións de servizos, mais que reduciu o aumento esperado para 2025, até unha porcentaxe de 2%, en liña co menor crecemento previsto na Unión Europea e unha política fiscal máis restritiva. Deste modo, o crecemento da Galiza será igual ao do Estado español en 2024, aínda que se prevé que a alza do PIB galego sexa dúas décimas porcentuais superior ao dato estatal no ano 2025.