Castelo da Lúa

O Castelo da Lúa de Rianxo, na comarca do Barbanza,
na actualidade (Foto: Forega).
star
CULTURA

Un monográfico sobre o Castelo da Lúa rescata a historia da fortaleza rianxeira

Héitor Picallo e Alexandra Cabana reúnen e analizan nunha publicación toda a documentación existente sobre o Castelo da Lúa, fortificación situada en Rianxo (Barbanza). O libro completa a iniciativa municipal de difundir a súa historia para dignificar unha das xoias do patrimonio cultural.