O BNG mobilízase mañá en Compostela contra a carestía da vida
A suba dos prezos triplicou a dos salarios en 2021
02/abr./22
A suba dos prezos está a pór contra as cordas a economía de moitas familias galegas. Neste sentido, a alza do Índice de Prezos do Consumo (IPC) rexistrada o pasado ano triplica aos incrementos salariais acordados nos convenios laborais. A perda do poder adquisitivo non dá tregua ás rendas máis baixas.