M. X.
12/maio/23 21:24
As celebracións da IV edición da Festa do Banquete deron comezo onte e estenderanse durante toda a fin de semana. O día grande das festas será o domingo 14 de maio, cunha romaría popular aberta a todo o mundo na que se farán diversas recreacións teatrais do Banquete de Conxo e que estará amenizada por distintas actuacións musicais.