star
CULTURA
Antón Patiño e Lemos unen arte, poesía e cinema
23/set./23
O Ateneo de Monforte (Terra de Lemos) foi escenario esta sexta feira dunha intensa actividade cultural auspiciada polo artista plástico e escritor Antón Patiño. Unha xornada na que Olga Novo, Alberto Avendaño e Lois Patiño foron os encargados de presentar o Libro Dos Lugares 2, Caosmos e a curta documental ML-AP. Tres obras nas que Antón Patiño se situou como nexo de unión e coas que reflexionar sobre a natureza, a paisaxe, a incerteza ou a realidade.