Opinión

Os «galegos» de Almodóvar…

… andan de viños cos «galegos» de Rosa Díez. Así, existen os «galegos» e os galegos. Os galegos entre aspas están presentes na historia de España a través dos seus  escritores máis insignes, formadores desa historia negra, entre aspas, na que galego (e Galiza) son sinónimo do peor antónimo do ser castelán, español, que é o mellor.

… andan de viños cos «galegos» de Rosa Díez. Así, existen os «galegos» e os galegos. Os galegos entre aspas están presentes na historia de España a través dos seus  escritores máis insignes, formadores desa historia negra, entre aspas, na que galego (e Galiza) son sinónimo do peor antónimo do ser castelán, español, que é o mellor.

"As declaracións de Almodóvar e de Rosa Díez son do máis común entre os españois". 

O mesmo trato recibiron os irlandeses dos ingleses, os polacos dos rusos, os bretóns dos franceses, os eslavos dos alemáns.  É a «vitoria» dunha nación sobre outra. Calquera que lera Galicia vista por los no gallegos (1974),  de Xesús Alonso Montero, sabe que as declaracións de Almodóvar e de Rosa Díez son do máis común entre os españois. As razóns destas descualificacións históricas cara a Galiza e aos galegos hai quen as atopa na loita mantida pola nobeza galega contra a nobreza castelá no século XV, na posterior derrota e expulsión da galega e na súa substitución pola castelá en Galiza,  que actúa de feito e dereito como un exército de ocupación. 

Os epítetos despectivos dedicados a Galiza e aos galegos tiveron entre os seus ideólogos as mellores plumas españolas: «Antes puto que gallego» (Quevedo). «Aunque gallego, es honrado». (Monroy y Silva). «Ni perro negro, ni mozo gallego» (Lope de Vega), «¿Rogaste a gallegos?,  ya no puedes venir a menos». (Tirso de Molina).«Los gallegos no se colocan en predicamento, porque no son alguien» (Cervantes). «No salen tantas flores en diez mayos,  como en Galicia mozas y lacayos», «Eres honrado. -Y noble, aunque gallego» (Tirso de Molina). «Si a la lengua la ciencia no acompaña, lo mismo es saber griego que gallego» (Lope de Vega).  

«Ni perro negro, ni mozo gallego» (Lope de Vega)

A Almodóvar e a Rosa Díez traizoounos o subconsciente. Seica as desculpas de Almodóvar son máis ruíns que as súas palabras, xa que asegurou que non tiña intención de ofender porque lle gustaba moito Galiza pola súa gastronomía e polas súas paisaxes… é dicir, a mesma Galiza do Partido Popular, ausente de lingua, cultura propia e individuos, unha foto fixa dunha paisaxe e dunha festa gastronómica multitudinaria e inacabábel.

Comentarios