Opinión

Un Prestige xudicial contra Galiza


Primeiro o Prestige foi un atentado medio-ambiental contra a Galiza


Primeiro o Prestige foi un atentado medio-ambiental contra a Galiza, un recital da incuria e o abandono ao que secularmente nos ten submetidos o Estado español.

Agora, 11 anos despois, sobrevén outro Prestige, igualmente indignante e repugnante para calquer conciencia galega: un Prestige xudicial.  A Audiencia Provincial da Coruña produce unha sentenza cun único obxectivo: que o Estado safe, que non se depuren as súas responsabilidades, evidentes, penais, na transformación dun accidente, que era complexo mas manexábel, na maior catástrofe ambiental sofrida pola nosa nación na historia contemporánea.

Non podemos agardar nada distinto dunha xustiza con evidentes ribetes coloniais.

Non podemos agardar nada distinto dunha xustiza con evidentes ribetes coloniais. Xa o vimos estoutro día nas resolucións da Audiencia Provincial a respeito da traxedia de Angrois. Non hai nen rastro de división de poderes no Estado español. A fiscalía é un apéndice máis do Executivo. A sentenza non só absolve o Estado: vai alén diso e até avala o afastamento do buque da costa, estará Álvarez Cascos aplaudindo coas orellas, xa non falemos do señor dos hilillos de plastilina ou de Aznar, o inefábel mandatario español cuxa paixón polo petróleo ficaría patente ao facer parte do trío dos Azores ou a pousar os zapatos na mesa do emperador texano GW Bush.

É unha sentenza política. Perde o pobo galego, gaña o Estado español.

Comentarios