Opinión

Machista Rivera

Defender a equiparación da violencia doméstica coa violencia de xénero (sic) é no fondo defender a eliminación do tratamento penal específico para a violencia machista.


Defender a equiparación da violencia doméstica coa violencia de xénero (sic) é no fondo defender a eliminación do tratamento penal específico para a violencia machista.

Isto é o que propón en plena campaña Albert Rivera e nada hai máis revelador da súa verdadeira ideoloxía do que esta proposta.

Ciudadanos mostra así o seu rosto real, o dunha formación política reaccionaria e comprometida co mantimento do statu quo patriarcal, aquel que oprime secularmente as mulleres, aquel face o que se ergue a xusta causa do feminismo.

Ciudadanos mostra así o seu rosto real, o dunha formación política reaccionaria e comprometida co mantimento do statu quo patriarcal

Como é posíbel comparecer nunhas eleccións xerais con esta proposta cando no que vai de ano foron asasinadas no Estado español 51 mulleres (6 delas na Galiza)? Como é posíbel negar que deba haber un tratamento penal específico para a violencia que mata mulleres polo simples feito de o seren? Como é posíbel non rectificar e manter a proposta tentando xustificar o inxustificábel?

É posíbel porque Rivera, sob esa capa de líder post-moderno, é un home de direitas de toda a vida, un machista home de direitas de toda a vida.

Comentarios