Opinión

Votos de primeira e votos de segunda

A escolla dos candidatos electorais a medio de  primarias abertas á cidadanía constitúe, de lonxe, o sistema máis democrático e que máis implica aos electores. Resolvendo, deste xeito, o problema dos candidatos vencellados de xeito excesivo a cadanseus aparellos dos partidos, promocionando no seu canto a perfís máis abertos e conectados coa cidadanía.

A escolla dos candidatos electorais a medio de  primarias abertas á cidadanía constitúe, de lonxe, o sistema máis democrático e que máis implica aos electores. Resolvendo, deste xeito, o problema dos candidatos vencellados de xeito excesivo a cadanseus aparellos dos partidos, promocionando no seu canto a perfís máis abertos e conectados coa cidadanía.

"A escolla dos candidatos electorais a medio de  primarias abertas á cidadanía constitúe, de lonxe, o sistema máis democrático e que máis implica aos electores".

Cando as opcións políticas respostan a unha grande pluralidade interna (como lle pasou historicamente ao PP, PSOE e BNG e agora ás novas iniciativas municipalistas-Mareas e análogas-) non é inusual que se tente substituir a competición entre candidatos por esquemas cooperativos ou de consenso. Tenta representarse á pluralidade para pactar entre as distintas sensibilidades. O sistema carece da forza democrática da elección, mais a dinámica colaborativa ou consensuada pode respostar mellor á cohesión  e equilibrio interno de cadansúa opción política.

Mais cando se decide una dinámica competitiva para a escolla das persoas que han ser candidatas e se aproban para o efecto unhas regras de xogo compre estar indefectíbelmente ás súas resultas.

"Algúns dos candidatos derrotados e dos seus seareiros pediron xa a remoción de Mosquera da candidatura"

A opción municipalista “Ourense en Común” celebrou a pasada fin de semana as súas primarias, que gañou con claridade Xosé Mosquera, afiliado a Compromiso por Galicia, ficando segunda Ana Bande, pertencente tamén a esta organización política. Mais algúns dos candidatos derrotados e dos seus seareiros pediron xa a remoción de Mosquera da candidatura, coma se os seus votos fosen distintos ou menos valiosos ca os dos demáis. Coma se, ao xeito da “Animal Farm” de George Orwell, todos fósemos iguais, pero algúns máis iguais ca os outros.

Velaí como, na nosa Galicia-probábelmente tamén noutros países- aínda existen persoas que, considerándose a si proprias da “esquerda rupturista” e propagando “urbi et orbi” a súa total lealdade á “vontade popular”, tentan rachar as regras de xogo cando o partido xa rematou e o marcador non cadrou ao seu xeito. 

Comentarios