Opinión

Sete verdades sobre a venda de NCG

A venda de NCG Banco ao Banco Etcheverría-Banesco garante a rede comercial, o mantemento do emprego, un novo operador bancario  que reduza os efectos do devandito  oligopolio  e, con moi alta probabilidade, unha entidade  de certa dimensión  con centro de decisión neste País.

           1.-A recuperación de só 1000 € dos máis de 9.500 M€ investidos no saneamento de NCG Banco foi xerada, en moi grande medida, por anticipar o Goberno do Estado a venda do noso banco 3 anos en relación co mandato da UE, que esixía a súa liquidación antes do 31.12.2016.     

"A venda de NCG Banco ao Banco Etcheverría-Banesco garante a rede comercial, o mantemento do emprego"

            2.-Este adianto ten todas as características dunha decisión parcial que quería, de primeiras, entregarlle a rede de NCG a un grande banco estatal, decisión que respostaba á lóxica recentralizadora do sistema financeiro e promotora do oligopolio bancario que rexe a política económica do PP e do PSOE desque Zapatero e Rajoy pactaron a creación do FROB no 2009.

             3.-A venda de NCG Banco ao Banco Etcheverría-Banesco garante a rede comercial, o mantemento do emprego, un novo operador bancario  que reduza os efectos do devandito  oligopolio  e, con moi alta probabilidade, unha entidade  de certa dimensión  con centro de decisión neste País.

              4.- O Goberno do Estado planificou a liquidación total de NCG, malia o seu evidente carácter sistémico,. si  recoñecido, en troques, a Bankia. Nos últimos meses a inmisión do FROB na xestión cotiá da equipa Castellano sobardou os límites do aturábel, fronte á total autonomía desfrutada na altura en Bankia por Goirizorri.

"O PSOE acreditaba na integración de NCG Banco nunha rede estatal. Besteiro tentou mudar o guión ao remate do proceso"
                
                5.-Feijoo soubo entender que a cidadanía galega non entendería o seu fracaso na absorción de NCG Banco e soubo actuar, por unha vez, en clave de Presidente dun país e non en clave provincial.

                 6.-O PSOE acreditaba na integración de NCG Banco nunha rede estatal. Besteiro tentou mudar o guión ao remate do proceso, mais non foi quén de lle transladar á súa organización unha decisión coherente e aliñada cos intereses do País.

                  7.-Das outras forzas políticas só Compromiso por Galicia (CXG) amosou posuir información sobre o proceso e ser quen a delimitar as súas propostas a curto e a longo prazo. BNG, coa excepción do mellor Vence nas últimas semanas e AGE amosaron o difícil que lles resulta descer das teorizacións ás propostas pragmáticas do día a día.

Comentarios