Opinión

O grave erro da reforma local

O grave erro de concepto de Montoro e Rajoy no 2013, como o de Felipe González e Tomás de la Cuadra no 1985, é crer nunha España única, cunha única problemática local e un único  cerebro en Madrid que pretende saber, controlar  e gobernar todo. Porque o réxime local pertence, por lóxica, ao ámbito interno do autogoberno galego e a confusión de competencias concorrentes entre Estado e Comunidade Autónoma neste eido, o mesmo ca a garantía institucional da supervivencia das Deputacións son dúas das orixes da duplicidade e ineficiencia administrativas e do desbalde de cartos públicos.

"O que cumpriría sería outorgarlle plenas competencias a Galicia a respecto das súas entidades locais"

Velaí que o que cumpriría, no marco dun federalismo asimétrico-único marco que pode posibilitar a gobernanza desta  España plurinacional-sería outorgarlle plenas competencias a Galicia a respecto das súas entidades locais, fóra de dúas regras federais que garantisen o funcionamento democrático e a autonomía financeira dos concellos. Que Galicia regulase o marco competencial e financeiro dos concellos, mesmo propoñendo normativas específicas para fomentar fusións ou, moito mellor, o consorciamento dos seus servizos. E suprimise as Deputacións aforrando 22 M €/ano.

O Goberno central ven de aprobar un proxecto de lei de reforma local que limitará gravemente a autonomía dos Concellos ao forzar a subrogación das Deputacións a respecto de moitas competencias municipais. Das resultas desta reforma, uns Concellos democráticos cederán grande parte da súa xestión a prol dunhas Deputacións non democráticas e obsoletas, por pertencer  á Galicia e  España  de 1833 e non encaixar na estrutura autonómica do Estado.

"Limitará o Estado do benestar ao igualar por abaixo a prestación de servizos públicos" 

Esta reforma, tamén, limitará o Estado do benestar ao igualar por abaixo a prestación de servizos públicos ao abeiro do concepto do chamado “custo efectivo”, desatendendo a advertencia de inconstitucionalidade do seu propio Consello de Estado. Esixamos, xa que logo, que o  Parlamento e a Xunta defendan a integridade das competencias autonómicas recorrendo esta norma, se chegar a lei, e inaplicando a mesma, dacordo coas competencias exclusivas do artigo 27.2 do Estatuto. 

Comentarios