Opinión

Galicia faise nos concellos

A administración local é a que está máis preto da cidadanía e a que mellor coñece a contorna. Mais o PP quixo reducir substancialmente a autonomía local impoñendo o máis absoluto equilibrio orzamentario, nivelando os servizos por abaixo  e potenciando a privatización destes servizos. A imposición da austeridade aos concellos tivo unha clave evidente de redución da calidade dos servizos.

Unha das reformas esenciais é a que lle devolva a Galicia plenas competencias no réxime local, como instrumento para potenciar a gobernanza municipal dende a autonomía dos concellos. Isto pasa por suprimirmos as redundantes e ineficientes Deputacións, incorporando os seus servizos de recadación á Axencia Tributaria Galega e redistribuindo os restantes entre a Xunta, os concellos e, quizais, nos novos entes intermedios. Tamén por que Galicia reciba directamente os fondos todos estatais para artellar un grande Fondo Galego de Cooperación local distribuído consonte aos criterios que interesen ao País. E que reciba o que nos pertence por poboación (un 6%), xa que hoxe perdemos 550 M€ que van para os concellos máis poboados doutros lugares do Estado.

Hoxe perdemos 550 M€ que van para os concellos máis poboados doutros lugares do Estado

Cara adentro do país, non é certo que a clave da mellor gobernanza estea na fusión dos concellos. A meirande parte dos concelleiros non cobran retribucións e o concello é sempre un elemento que vertebra o territorio, fixa poboación, xera participación cívica e territorializa a democracia. O que si cómpre é unha prestación consorciada dos servizos, artellando quer entes comarcais quer áreas urbanas. Cómpre pór en marcha xa as de Vigo e A Coruña -e quizais a de Ferrolterra-, para garantir a prestación de servizos de calidade en cadanseu territorio. Tan vigués é o de Nigrán coma coruñés o de Oleiros. O fulcral transporte interurbano non pode depender dos intereses empresariais de Vitrasa ou da Compañía de Tranvías.

Cómpre, tamén, que os concellos poidan decidir autonomamente se recuperan para a xestión directa os servizos públicos esenciais. E non só como garantía da súa calidade, moitas veces danada pola xestión dos concesionarios privados que gañan as licitacións á baixa, senón mesmo como garantía de que os servidores públicos perceban unha remuneración xusta.

Cara adentro do país, non é certo que a clave da mellor gobernanza estea na fusión dos concellos. A meirande parte dos concelleiros non cobran retribucións e o concello é sempre un elemento que vertebra o territorio, fixa poboación, xera participación cívica e territorializa a democracia. O que si compre é unha prestación consorciada dos servizos, artellando quer entes comarcais quer áreas urbanas. Cómpre pór en marcha xa as de Vigo e A Coruña -e quizais a de Ferrolterra-, para garantir a prestación de servizos de calidade en cadanseu territorio . Tan vigués é o de Nigrán coma coruñés o de Oleiros. O fulcral transporte interurbano non pode depender dos intereses empresariais de Vitrasa ou da Compañía de Tranvías.

Cómpre, tamén, que os concellos poidan decidir autonomamente se recuperan para a xestión directa os servizos públicos esenciais. E non só como garantía da súa calidade, moitas veces danada pola xestión dos concesionarios privados que gañan as licitacións á baixa, senón mesmo como garantía de que os servidores públicos perceban unha remuneración xusta.

Comentarios