Opinión

Galeguismo sen adxectivos

Chama a atención a continua obsesión por situar a xeito ao galeguismo político no eixo esquerdas-dereitas. Deste xeito, moitos pensan que “compre un galeguismo de centro, como o do PNV ou CDC”  e outros din “a nosa proposta é inequívocamente nacionalista e de esquerdas”. 

Chama a atención a continua obsesión por situar a xeito ao galeguismo político no eixo esquerdas-dereitas. Deste xeito, moitos pensan que “compre un galeguismo de centro, como o do PNV ou CDC”  e outros din “a nosa proposta é inequívocamente nacionalista e de esquerdas”. 

"A creación da Dereita Galeguista por Risco e Filgueira Valverde no 1935 non foi causada por desavinzas ideolóxicas, senón pola coalición electoral coa Fronte Popular"

Porén, Castelao e Bóveda, que escrebiron a eito sobre o galeguismo político, nunca se definiron de esquerdas, centro ou dereitas. Escrebiron a prol dun sistema fiscal progresivo, dunha sociedade xusta e inclusiva, dun País e dunha sociedade emancipada. No PG da II República existía, si, pluralismo, mais consenso sobre o modelo de sociedade, interclasista e baseado na xustiza social.  De feito, a creación da Dereita Galeguista por Risco e Filgueira Valverde no 1935 non foi causada por desavinzas ideolóxicas, senón pola coalición electoral coa Fronte Popular que non tiña máis alicerce ca o de percurar socios para quitar adiante o Estatuto de Autonomía.

Ben é certo que a refundación do galeguismo político nos anos 60 do século pasado mudou  para moitos o enfoque. Mais, no fundamental, o galeguismo político non precisa facer apelacións continuas ao seu autoposicionamento no eixo esquerdas-dereitas, senón que ten que  construir un marco plural e democratico para representar á maioría social galega.  E se o galeguismo é un proxecto de empoderamento colectivo, evidentemente, non pode propór ou desenvolver políticas de exclusión social, como as que está a dictar o PP. Mais tampouco poderá entender as relacións sociais en termos de loita de clases, porque só dende o interclasismo é comprensíbel un galeguismo dirixido ás maiorías.

"Só dende o interclasismo é comprensíbel un galeguismo dirixido ás maiorías·

Entenderon moi a xeito esta especificidade dos nacionalismos democráticos os vascos do PNV e os escoceses do SNP, que construiron dende cadanseus Gobernos nacionais sociedades integradas e moito máis xustas ca as veciñas, desenvolvendo políticas substancialmente socialdemócratas, mais sen se preguntar continuamente diante do espello se son moito, pouco ou nada de centro ou de esquerdas. Porque teñen claro dabondo que son demócratas e diríxense á maioría de cadansúa cidadanía.

Comentarios