Opinión

O galego na empresa

O Foro Peinador xunta  moitas das empresas que usan o galego para todas ou algunhas das súas actuacións (publicitaria, sinaléctica, de documentación administrativa, de etiquetaxe…). A ela pertencen centos de  empresas industriais, de servizos, construción ou agroalimentarias.

O Foro Peinador xunta  moitas das empresas que usan o galego para todas ou algunhas das súas actuacións (publicitaria, sinaléctica, de documentación administrativa, de etiquetaxe…). A ela pertencen centos de  empresas industriais, de servizos, construción ou agroalimentarias.

"O Foro Peinador defende a proxección internacional do galego, vieiro de comunicación con 250 millóns de potenciais clientes e provedores ".

Neste clube empresarial rexe a idea de negocio, sen prexuizo da asunción dos compromisos que esixe a responsabilidade social corporativa. E, neste senso, a lingua galega percébese como un plus de calidade, de diferenza, de identidade. Para R, por exemplo, o uso do galego “pertence ao ADN”, á propia identidade corporativa. E achega un selo de diferenza e calidade fundamental para se individualizar no mercado. Manifestan usar o galego para todas as súas actividades (e, subsidiariamente, sempre por defecto), respectar a opción lingüística do usuario e ter experimentado que o uso do galego achega unha avaliación positiva para moitos, élle indiferentea algúns e atopa rexeitamento só nunha ínfima minoría. NCG Banco, pola súa banda, pasou usar o galego en todas as súas actividades coa chegada de Castellano á súa Presidencia. Chocante que as antigas Caixas, como entes sociais e fundacionais non tiveran a sensibilidade que amosaron os seus novos xestores cando a transformación en S.A.  

“Nos USA o galego vende para etiquetar o albariño. O que non vendería é o italiano para etiquetar o cava ou o castelán para etiquetar o whisky”.

Os empresarios do Foro Peinador defenden, asemade, a proxección internacional do galego, vieiro de comunicación con 250 millóns de potenciais clientes e provedores do Brasil, Portugal e a Africa e Asia lusófonas. Porén, como persoas prácticas, fuxen de liortas normativas. Mais consideran que algúns “gurus” da publicidade están nun erro manifesto cando desaconsellan o uso do galego na publicidade. Consideran estes empresarios que esta caste de xuizo ven dado por apriorismos ideolóxicos ou deficiencias educativas.

É moi gráfica a expresión pública, hai poucas semanas, dun dos principais adegueiros exportadores deste País: “Nos USA o galego vende para etiquetar o albariño. O que non vendería é o italiano para etiquetar o cava ou o castelán para etiquetar o whisky”.

Velaí un bó sinal de autoaprezo e pragmatismo negocial. Porque a diferenza e a identidade venden no mercado, sempre que acompañen á calidade. 

Comentarios