Opinión

Nós ao noso. Un non-apunte sobre Anova/AGE.

Non quería escribir sobre Anova, nin sobre AGE. De vez. Non por zúnia, nin por desprezo. Apenas por  evitar a procastinación política que consiste en nos entreter, ás veces con pasmo e outras con certas doses de humor, nas leas doutros, no canto de concentrarmos todos os nosos esforzos en alargar os cimentos sociais do proxecto transformador no que acreditamos. Non quería escribir, nin o vou facer nestas liñas, a respecto das evidentes contradicións entre quen reclamou como propias as actas municipais escolleitas como BNG e logo cualifica como deslealdade a quen reproduce ese mesmo esquema cun asento no Pazo do Hórreo. Ou aqueloutra que, por forza dos feitos, vai camiño de reducir no mellor dos casos a desiderato e no peor a impostura, as clamorosas e entusiastas defensas da boa avinza republicana, do horizontalismo asembleario face o cruel aparatismo do que acusaron, inxustamente, a outros. Os feitos falan por si propios. Clamorosos tamén. 

Non quería escribir sobre Anova, nin sobre AGE. De vez. Non por zúnia, nin por desprezo. Apenas por evitar a procastinación política que consiste en nos entreter, ás veces con pasmo e outras con certas doses de humor, nas leas doutros, no canto de concentrarmos todos os nosos esforzos en alargar os cimentos sociais do proxecto transformador no que acreditamos. Non quería escribir, nin o vou facer nestas liñas, a respecto das evidentes contradicións entre quen reclamou como propias as actas municipais escolleitas como BNG e logo cualifica como deslealdade a quen reproduce ese mesmo esquema cun asento no Pazo do Hórreo. Ou aqueloutra que, por forza dos feitos, vai camiño de reducir no mellor dos casos a desiderato e no peor a impostura, as clamorosas e entusiastas defensas da boa avinza republicana, do horizontalismo asembleario face o cruel aparatismo do que acusaron, inxustamente, a outros. Os feitos falan por si propios. Clamorosos tamén. 

Non quería escribir sobre Anova, nin sobre AGE. De vez. Non por zúnia, nin por desprezo. Apenas por  evitar a procastinación política.

A quen atravesamos o agre proceso interno que desembocou na Asemblea Nacional de Amio, seguido das consabidas rupturas e escisións, pode resultarnos enorme a tentación por axustarmos contas -en termos estritamente políticos- con quen preconizando (ou baixo a escusa de) non se sabe que nova doutrina política apenas provocou a división do nacionalismo galego, e facilitou electoralmente que Feijóo recuncase no poder. Comprendo a aquelas compañeiras e compañeiros, moitos deles de acreditada entrega militante, de currículo irreprochábel, de demostrada xenerosidade no seu contributo, que non sexan quen de se arrepoñer a esa tentación emocional, propia de calquera ruptura. Sobre todo cando non foi nin buscada, nin moito menos desexada. Mais xa abonda. É errado sucumbir a esa pulsión inútil.

Errado primeiro por reproducir, dalgunha maneira, con outro suxeito o mesmo xogo perverso que durante moitos anos se practicou contra o BNG. Isto é amplificar externamente as cuitas internas, torcer con moito ruído os debates que se dan no seo da organización, e caricaturizar as posturas diverxentes, erixindo as máis das veces heroes infundados e falsos viláns. Non practicarei con outros ese insoportábel embate permanente extramuros do Bloque, que só perseguía -sen o lograr- abanear os alicerces ideolóxicos da fronte como paso indispensábel para a súa domesticación.

Non practicarei con outros ese insoportábel embate permanente extramuros do Bloque.

Errado tamén, por acabar seguindo o ditado da axenda informativa que marcan os media sistémicos, e que -como non!- concentra o debate político en pugnas parlamentaristas, da peor tradición das democracias burguesas, para desta maneira o afastar das verdadeiras e palmarias necesidades e problemáticas do pobo. A polémica artificiosa, alentada polo bafo interesado dos opinólogos, por editoriais, crónicas e mapas sinópticos sobre as partes en conflito (con tal grao de detalle que até se visualizan organismos unipersoais como se fosen entidades con peso político neto), é un dos instrumentos para estender a distracción alienante e, por outra banda, engadir aínda máis descrédito (non inmerecido) á política que reducen deliberadamente ao raquítico plano institucional. 

 A polémica artificiosa é un dos instrumentos para estender a distracción alienante.

O método é tan vello como obsceno. Primeiro téntase someter, exixindo renovación e a renuncia ideolóxica para reducir o alcance transformador dunha opción perigosa por non se homologar (BNG). Fracasado ese paso, estimúlase a fractura interna, sobreexpoñendo unhas determinadas posicións e estigmatizando outras (por sectarias, antigas...), e ao tempo unxindo a un brillante líder “crítico” (podendo ser o mesmo que anos atrás era presentado con cornos e rabo). De non lograr a vitoria do sector “anovador” por vía democrático-asemblearia, redobraranse os esforzos para agudizar a fractura premendo para que a discrepancia se converta en disidencia, en ruptura. Agora si, coa escisión xa producida, alimentarase a súa proxección pública como vía para erradicar -electoralmente cando menos- a matriz frontista e, de paso, favorecer unha moi funcional división de opcións alternativas para maior tranquilidade do Partido Popular. E anovada a maioría absoluta da dereita españolista, a outrora vizosa escisión convértese tamén en obxecto de golpeo, iso si, sen desaproveitar ocasión para a pesar de todas as súas ruindades e eivas reiterar as súas vantaxes sobre a matriz odiada. 

Se son sincero hei de recoñecer que no fondo os problemas de Anova-AGE tanto me teñen

Se son sincero hei de recoñecer que no fondo os problemas de Anova/AGE tanto me teñen. Non me interesan. Nin por morbo. Como non o fixeran antes as cuitas no PSdeG, ou as purgas en UPyD. Sei que non cabe comparación entre uns actores e outros. Mais todos partillan unha mesma característica: son expresións organizadas de propostas políticas nas que non creo. Unha discrepancia a veces antagónica, e outras como pouco de matiz groso. 

Mais non é por sectarismo. Nin por unha (auto)afirmación ideolóxica excluínte. É o tic-tac do reloxo. É o caer das páxinas do calendario. É a certeza de que o tempo corre na nosa contra, cando baixo a coartada dunha crise sistémica, a clase dominante avanza a toda marcha e con rumo certo cara a nosa destrución social, como clase traballadora, e nacional, como pobo. 

Non nos podemos permitir malgastar a máis mínima enerxía en observar, e moito menos comentar, as contradicións e leas dos fabricantes de espellismos, dos gurús do posibilismo imposíbel.

Nos dramas que se agochan tras da estatística do desemprego, das cifras de pobreza, dos casos cotiás e próximos de xente que pasa fame, ou frío, ou ambas cousas. Na terríbel situación que padecen as vítimas do xenocidio hipotecario ou quen viu saqueados os seus aforros polos amos das finanzas. Na carraxe incólume que abrolla no cadro de persoal de Freiremar, nos desempregados do naval, e de tantos outros compañeiros aos que se quer condenar á miseria pola vía de os privar do seu dereito ao traballo. Na raiba iracunda das mulleres que vén sitiado o seu corpo por lexislación opusina e patriarcal. Na frustración da mocidade expatriada pola forza, maleta en man en voo barato. Ou na indignación da xente do común farta do saqueo permanente contra a maioría para seguir a cebar, como con acerto expresaba Guillerme Vázquez, a esa infame minoría rica e poderosa, que aumenta os lucros en relación directamente proporcional ao empobrecemento das condicións de vida do pobo. En todas elas pode escoitarse, se se atende coa debida concentración, o resoar da artillería pesada que o capital leva cinco anos poñendo apenas en marcha na guerra de clases que radicalizaron desde 2008.

Será por iso entón que non temos tempo que perder. Que non cabe entretemento ningún. Que non nos podemos permitir malgastar a máis mínima enerxía en observar, e moito menos comentar, as contradicións e leas dos fabricantes de espellismos, dos gurús do posibilismo imposíbel. Que as falsas alternativas fracasen non asegura, en absoluto, o triunfo de quen modestamente acreditamos, con firmeza, no vieiro da transformación real e efectiva, que vai moi alén de formalismos democratistas e que exixe unha viraxe radical. De raíz. Mentres cargan baterías e nos apuntan con cada vez maior precisión e violencia os canóns do (verdadeiro) inimigo, debemos concentrarnos na nosa tarefa.

Nós ao noso. A fortalecer a nosa alternativa ao servizo do pobo galego.

Nós ao noso. A fortalecer a nosa alternativa ao servizo do pobo galego, primeiro ideolóxica e programaticamente, configurando unha proposta completa, e deseguido -e en paralelo- sumando máis conciencia organizada deste lado da trincheira. Aglutinando máis vontades conscientes na procura dunha nova realidade, que inevitabelmente, e moi ao noso pesar, só pode decorrer coa toma do poder polo pobo, a conquista da plena soberanía nacional galega e a ruptura co capitalismo, que senten -simultaneamente, sen etapismos imposíbeis- as bases desde as que avantar cara a construción dun sistema económico e social xusto e igualitario, cara ao socialismo.

www.contradiscurso.net

Comentarios