mércores 19/05/21

Detidos

Seguimos coa represión. A Garda Civil desencadeou esta semana unha nova operación que comportou a detención de até 21 persoas, algunhas das cales continúan detidas no momento de escribir estas liñas. É unha nova montaxe que presentan algunhas características singulares que creo que se teñen que destacar.

En primeiro lugar os seus autores. Sobre todo o tenente coronel Baena, da Garda Civil. O mesmo individuo do que a sentenza da Audiencia Nacional sobre o Maior Trapero, que comentaba a semana pasada, di que realizou unha instrución que era toda unha mentira. Repite. Repite e algunha xente cre que o fai precisamente como vinganza.

Que se poñan a deter xente así indica como de desesperado anda xa o Estado. Unha mala película

A segunda característica a destacar é quen son os detidos. Poida que nos vosos países, Maria e Martxelo, non sexan personaxes coñecidos do gran público, mais son xente importante. Xavier Vendrell é un dos homes que mandou máis en ERC nas últimas décadas. Foi secretario de organización e conselleiro con Pasqual Maragall. E é un home de consenso apreciado na contorna de Junts. Oriol Soler é un coñecido empresario da comunicación, impulsor entre outras iniciativas da cooperativa Som e do diario Ara e foi a persoa que deseñou campañas como a do referendum do 9-N ou as eleccións para Junts pel Si. David Madí é un dos homes máis influentes na antiga Converxencia e concretamente na contorna de Artur Mas e un empresario que se relacionaba co Ibex 35 e de quen se dicía que era unha ponte entre o poder español e o nacionalismo catalán. Este é o perfil dalgúns dos detidos, que inclúen tamén alcaldes e cargos públicos dun certo nivel tanto de ERC como de Junts. 

Que se poñan a deter xente así indica como de desesperado anda xa o Estado. Especialmente cando o fan cunha interlocutoria que é unha mala película de serie B, onde se mestura sen ningún sentido do ridículo unha leira rural con Rusia, o Tsunami Democràtic, Julian Assange e o que sexa.

comentarios