domingo 19.01.2020

O referendo da Escócia

Escócia votou no referendo do 18 de setembro do 2014 en favor de seguir formando parte do Reino Unido, mas iso non significa que todo seguirá igual. Haberá un cambio constitucional moi forte en todo o reino, que non só consistirá en que Escócia adquira mais poder nacional, senon tamben, como xa anunciou David Cameron, o Primeiro Ministro británico, axiña que se soubo o resultado do referendo, en que a devolution se aplique aos outros países da Union, é dicer, Inglaterra, o País de Gales e Irlanda do Norte.

Escócia votou no referendo do 18 de setembro do 2014 en favor de seguir formando parte do Reino Unido, mas iso non significa que todo seguirá igual. Haberá un cambio constitucional moi forte en todo o reino, que non só consistirá en que Escócia adquira mais poder nacional, senon tamben, como xa anunciou David Cameron, o Primeiro Ministro británico, axiña que se soubo o resultado do referendo, en que a devolution se aplique aos outros países da Union, é dicer, Inglaterra, o País de Gales e Irlanda do Norte.

"Escócia votou no referendo do 18 de setembro do 2014 en favor de seguir formando parte do Reino Unido, mas iso non significa que todo seguirá igual". 

Comentouse  que a campaña en favor da Union, dirixida polo Alistair Darling (de quen, cando era Chanceler do Tesouro do governo conservador en Westminster, dicíase que era tan severo e tan afeizoado a falar de estadísticas que aburria ás ovellas) era fría e non tiña a emocion da dos partidarios da independencia (independencia que o líder do partido antieuropeísta UKIP dixo que non merecia definirse como tal, e que era unha separacion para virar provincia do estado supranacional da Union Europea). O resto do Reino Unido agardou a ver o que pasaba sen emocionalismo e disposto a aceitar o sim ou o non e a negociar depois. En ningun momento Inglaterra adoptou unha actitude de ofendida e a Coroa emitiu un comunicado oficial de que se manteria á marxen e respetaria o direito a decidir dos escoceses, ainda que era moito o que se xogaba, non só en termos políticos senon personais. Cun resultado en favor do sim, David Cameron pasaria a ser o primeiro ministro que deixara ir a Escócia, e no seu proprio partido conservador habia moitos que xa se estaban preparando para botalo fóra; Alex Salmond pasaría á história como o artífice da indepéndencia da Escócia e posíbelmente o primeiro ministro da Escócia independente; e a Raíña quedaria sen unha parte importante do seu reino.  Foi un proceso moi democrático, tendo en conta que o governo de Westminster podia ter bloqueado o referendo e asumiu o grande risco que supuña. A paixón política que acordou na Escócia foi notábel, como o demostrou que votou o oitenta e cinco por cento da povoacion.

"Será moi interesante ver como se vai organizar ese Reino Unido que non está federado nen confederado e que tende a encontrar as súas proprias solucions". 

Será moi interesante ver como se vai organizar ese Reino Unido que non está federado nen confederado e que tende a encontrar as súas proprias solucions. Parte fundamental da devolution que Inglaterra vai querer para ela se centrará na cuestion dos diputados escoceses no Parlamento de Westminster e do direito ou non que podan ter para votar en asuntos ingleses, dado que os ingleses non poden votar no Parlamento de Escócia. A reparticion de poderes entre os países do Reino Unido será obxeto dun debate continuo que xa empezou antes do referendo e que seguirá polo menos até as próximas eleicions xerais do 2015.  

 

O referendo da Escócia
comentarios