Opinión

Galiza e patriarcado

Foi doutrina galeguista afirmar que a Galiza era un matriarcado porque tiña mulleres fortes e que mandaban muito, e que os homes eran ¨femininos¨ e obedecian ás mulleres. Mas iso é o típico do patriarcado, non dun auténtico matriarcado para o que farian falta mulleres que non fosen patriarcais.

Foi doutrina galeguista afirmar que a Galiza era un matriarcado porque tiña mulleres fortes e que mandaban muito, e que os homes eran ¨femininos¨ e obedecian ás mulleres. Mas iso é o típico do patriarcado, non dun auténtico matriarcado para o que farian falta mulleres que non fosen patriarcais.

"Unhas nais con forza e mando emocional e traballando a favor do sistema fan que sexa mais dificil sair del".

No patriarcado a muller ten un papel fundamental como nai, de facilitadora do sistema educando os fillos no culto ás autoridades. O patriarcado é para estabelecer autoridades e elites que teñan todo o poder e escravicen aos demais. Se non se é autoridade non se é nada. Na familia patriarcal é onde se aprende e adentra emocionalmente o sistema, e a nai é a bisagra sen a cual non poderia funcionar, por cuanto que ela ten a funcion de entregar os fillos á autoridade e facelos encaixar na sociedade estabelecida. Unhas nais con forza e mando emocional e traballando a favor do sistema fan que sexa mais dificil sair del.

"O duro patriarcado que impera na Galiza, inserido quizais por influencia da igrexa, fai moi dificil independizarse interiormente da familia na que se nasce e para a que se vive mental e emocionalmente".

A pasividade dos galegos, o chamado ¨individualismo¨, o de que sempre esten agardando a que haxa unhas autoridades que o fagan todo e que pensen por eles, e o de que sempre esten divididos e prefiran o fracaso comun e incluso o proprio a teren que apreciar os méritos de outros, son resultados matemáticos dunha sociedade moi patriarcal na que se nasce cun destino marcado que non admite desviacions: agradar e obedecer aos pais primeiro e depois ás autoridades.

O duro patriarcado que impera na Galiza, inserido quizais  por influencia da igrexa, fai moi dificil independizarse interiormente da familia na que se nasce e para a que se vive mental e emocionalmente. O cainismo típico da política galega é tamén típico do patriarcado, que fomenta a rivalidade, a malquerencia e a envexa entre irmans para sementar inxusticia, dividir e anular. E ese ¨enfamiliamento¨ dos  galegos ancóraos no pasado, deshumanízaos e non lles deixa acadar a dimension social e política necesaria para eles e para Galiza.
 

Comentarios