Opinión

Educación e patriarcado

O patriarcado é un sistema argallado para promover a xerarquia, o elitismo e a dependencia, e sempre usou a instrucción e a educación como arma de dominio polas elites. O obxetivo do patriarcado é aumentar e protexer o mando dos grupos dominantes, e para iso é fundamental cultivar a ignorancia e a falta de información nos demais

O patriarcado é un sistema argallado para promover a xerarquia, o elitismo e a dependencia, e sempre usou a instrucción e a educación como arma de dominio polas elites. O obxetivo do patriarcado é aumentar e protexer o mando dos grupos dominantes, e para iso é fundamental cultivar a ignorancia e a falta de información nos demais. Iso faise xa desde a familia: a familia patriarcal impuxo que as mulleres non recebesen educación nen instrucción para inferiorizalas e para que non puidesen educar aos fillos. A tarefa das nais no patriarcado é entregar os fillos e as fillas ao sistema e preparalos emocionalmente para o rol que teñen marcado de reproducir o sistema xerárquico e elitista.  

"O patriarcado é un sistema argallado para promover a xerarquia, o elitismo e a dependencia, e sempre usou a instrucción e a educación como arma de dominio polas elites"

O patriarcado quer domar e non educar.  O natural seria que se vise a educación como un dos direitos e necesidades fundamentais de cada persoa,  pois é o que equipa para nos entendermos a nós mesmos e entender  a vida e o mundo, mas o sistema patriarcal impediuno. Nese sistema o equipamento que se poda obter en materia de educación está pensado para facer exércitos, conquistar e dominar. Así se fixo en todos os tempos e todas as culturas, e así segue facéndose. O que hai que aprender ven decretado desde acima e está sempre pensado para domar en grande escala. A educación fomentaria a independencia, e iso botaria abaixo o sistema. 

Comentarios