Opinión

Xornalismo poético

Miña irmá daba clases nunha aldea da Raigosa.

Un día chegou unha nai moi desgustada coas notas do fillo que, ao lado de cada cualificación, tiña un categórico NM, Necesita Mellorar.

Miña irmá daba clases nunha aldea da Raigosa.

Un día chegou unha nai moi desgustada coas notas do fillo que, ao lado de cada cualificación, tiña un categórico NM, Necesita Mellorar.

Ao final da conversa a muller, unha optimista sen remedio, sentenciou moi orgullosa:

“polo menos o neno non minte”.

Os nosos gobernantes tamén van de optimistas pero necesitarían mellorar moito e menten coma cosacos.

Falsean a realidade cando anuncian que saímos da crise E o paro? E os centos de mozos que seguen a marchar do país cada día?

"Falsean a realidade cando anuncian que saímos da crise E o paro? E os centos de mozos que seguen a marchar do país cada día?"

 

Un “Fake”

Dáme un “Fake” miña ruliña,

que téñome que ir pra Europa.

Dáme un “Fake” que me acompañe

que me vaia vento en popa.

 

Metereino na equipaxe

entre os másters e dosiers,

cando chegue a Brandemburgo

me dirán, e ti quen és?

 

Que quen son, home por dios,

pois iso nin se pregunta.

Son Tinín o de Suances,

tón” vostede que barrunta?

(- Ha, ha , foron as chaves...

- Tire as botas e o cinto e volva a pasar, por favor.)

 

Son profeta en miña terra,

pero marcho por deporte.

Levo o “Fake” mais requintado,

que me deu miña consorte.

 

(- Con sorte non che parto os dentes, melón…)

 

A ver, dásmo ou non?

Carai, non pensei que tanto che custara…

Non escoitas a TV?

Minte un pouco muller, mira Putin.

 

Veña xoia, dáme un “Fake” miña gatiña,

o mesmo que fai todo o mundo.

Dámo así, de vagariño,

xa verás raíña miña, que fermoso e que profunddd...

 

(- Pasaxeiros do voo FK627 de Ryanair,

embarquen pola porta B-12…)

 

Anda, dáme un Fake”:

Dime que me queres.

 

 

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

http://es.wikipedia.org/wiki/Fake

Fake ('Falso' )

http://es.bab.la/diccionario/ingles-espanol/fake

F for Fake” Orson Welles

http://www.youtube.com/watch?v=KWZUG0-nn_Q

 

Comentarios