martes 14.07.2020

Galicia, Galicia, Galicia

Ooutro día vin unha foto de Feijóo falando nun acto con toda a escenografía de campaña detrás. Quedei abraiada con tal nivel de simboloxía galega. Imaxino a alguén: “pon más azul y blanco, y más Galicia y, a ver, frase enxebre… “Galicia é moito!” Contei, polo menos, 12 veces a palabra Galicia, sempre agrupada en bloques de 3. Tamén varias veces o nome de Feijóo. Iso si, do logo do PP nin rastro, só no fondo dun rollup e parecía, case, unha merda de pomba. Galicia, Galicia, Galicia. Ao mellor é un mantra para autoconvencerse de que, desta volta, terá que pedir o traspaso dalgunha competencia (aínda que só sexa por disimular) porque estivo 10 anos sen pedir a primeira e iso que foi un dos temas na campaña contra o bipartito. Curioso foi tamén que, en canto Rajoy marchou acordoulle o conto este e dixo que Galicia (Galicia, Galicia) non podía ser menos que Euskadi e que tamén ía pedir novas competencias. En fin: Galicia é moito.

Galicia, Galicia, Galicia
comentarios