Opinión

Crise de coidados

Na carreira ás eleccións galegas os partidos deben poñer no centro da axenda política os coidados. Se algo nos está a ensinar a COVID-19 é que tanto os Gobernos de dereitas como os de esquerdas estatais aproveitan da forza e o traballo non remunerado das mulleres neste eido. Feixoo (ese mesmo señor que dixo que non ía facer actos de precampaña) vén de anunciar que vai sacar un bono extraordinario de coidado para a infancia. Unha medida absolutamente asistencialista que non garante os dereitos das coidadoras. Iso si, mentres dá o bono ese mantén os centros de día pechados cun terrible prexuízo para as persoas dependentes que acoden a eles e a sobrecarga para quen as coida. Nun país como o noso, cunha demografía tan avellentada, é indispensable que as forzas de progreso fagan dos coidados e da economía derivada deles un dos seus temas centrais.

Comentarios