Opinión

Ana Pontón presidenta

Lembro que na campaña electoral da que xurdiu o goberno bipartito (PSdeG- BNG) se fixo un acto baixo a consigna “Desta vai” e efectivamente foi. Agora tamen vai ir, pois o próximo 18 de febreiro o único que debería estar en dúbida é quen conseguirá a presidencia,  se o BNG ou o PSdeG.

Desta o BNG ten máis deputados autonómicos que o PSdeG e se se confirma esta realidade non é un disparate pensar que a nosa presidenta podería ser Ana Pontón.

O BNG é a organización política con obediencia únicamente galega e se entra no goberno vai a ter moito traballo por diante. Desexo que se manteña gobernando un mínimo de oito anos para ter tempo suficiente de levar a cabo as súas propostas, pensións, SAF, residencias, coidados, sanidade, educación, …  O coidado a maiores e enfermos terá que plantexarse propiciando un sistema público que non faga negocio cos máis necesitados senón unha inversión para a mellora das súas vidas. Outro dos temas que tería que poñer sobre a mesa sería o da emigración galega potenciando o retorno dos nosos emigrantes a terra.

Ana Pontón dixo: “Saímos a gañar, estou preparada”. Ana ten a idade ideal para presidir a Xunta. Conecta perfectamente cos votantes máis novos e nestes días terá que facer un último esforzo para que os de maior idade tamén a vexan coma futura presidenta. Pois levamos moito tempo con gobernos do PP que non axudaron a que os nosos maiores se interesaran pola política, máis ben se potenciou que votaran por inercia. Se moitos dos nosos maiores non saben cal é a cuantía da súa pensión ou en canto se lles incrementa cada ano e a que goberno se debe que este incremento sexa maior ou menor e os votos suman ou restan todos iguais temos un problema de información a hora de votar a uns, que van a mirar polos nosos intereses, ou a outros, que nos van a empobrecer ainda máis.

Ánimo Ana, a por todas!

Comentarios