Opinión

A Fronte Patriótica

A organización frontista BNG aspira a gobernar a Xunta despois das eleccións do 18 de febreiro. Según o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) o BNG e o PSdeG soben posicións ante un PP que caería máis de 4 puntos. O mesmo CIS ve a Ana Pontón coma a candidata mellor valorada e pola contra cita entre os catro primeiros problemas para a cidadanía galega o goberno de Rueda.

Todo isto podería ser favorable para conseguir que o BNG sexa a organización que goberne na Xunta en coalición co PSdeG. Parte do voto pode estar xa decidido pero aínda queda unha porcentaxe por decidirse, esta pode ser a que faga posible unha victoria das esquerdas.

Ana Pontón dixo ter varios compromisos que cumprir coa cidadanía se como espera lidera o novo Goberno. Os máis importantes serían: o reforzo dos servizos públicos, por a Galiza a producir e ter emprego de calidade, incentivar a economía e a ciencia e investigación, apostar polo autogoberno e o benestar, movilidade e acceso a vivienda, unha sociedade máis xusta, igualitaria e feminista, lingua e cultura, Galiza no mundo e democracia e defensa dos dereitos e liberdades.

Se a Fronte Patriótica consegue gobernar e por en práctica todos estes compromisos o paso do BNG polo goberno demostrará o que somos quen de facer se se nos da a oportunidade e máis agora que xa temos a experiencia do paso polo goberno na etapa do bipartito con Anxo Quintana na vicepresidencia.

O BNG ten demostrado que cando goberna en concellos ou deputacións as cousas fanse ben. O BNG é a organización que mellor defende os intereses da Galiza e debemos de votar pensando nos temas propios do país. Votar en clave galega sen deixar levarnos por outros asuntos cos que nos queren enganar decíndonos que iso afecta tamen a Galiza e non é así.

Agora toca gobernar na Xunta e cumprir os compromisos necesarios para a Galiza.  

Comentarios