Opinión

1º Congreso do Partido Galego

O sábado 6 de abril o Partido Galego celebrou o seu Primeiro Congreso Nacional en Cacheiras. Fun convidado a asistir de observador e vou a dar conta do que nel se tratou.

O pleno do Congreso do partido elixíu o cargo a Presidencia que recaeu en Paco Villanueva e a Secretaría Xeral en Miguel Míguez e os membros o Consello Nacional.

No pleno do Congreso do PG aprobáronse os documentos de Resolucións, Tese Política, Liña Estratéxica e Estatutos.

Foron 12 as Resolucións aprobadas, nas que se instou ao goberno a.

  1. Reclamar a través do Parlamento Galego todas as competencias recollidas no Estatuto de Autonomía e pendentes de transferir dende o goberno do estado.
  2. Instar a paralización do proxecto de Altri e elaborar un proxecto tecnolóxico e estratéxico de fibra de cánabo industrial.
  3. Solicitar a transferencia da AP9 e da A54.
  4. Priorizar no sistema ferroviario español ao Eixo Atlántico ferroviario conectando Portugal con Francia pasando por Galicia (Portugal- Galicia- Euskadi- Francia).
  5. Apostar pola industria das enerxías renovables par sermos nós os líderes europeos de I+D+i nesas industrias.
  6. Fomentar o consumo de proximidade.
  7. Evitar o monocultivo do monte.
  8. Prestixiar o sector primario (agricultura, gandeiría e pesca) e o traballo manual.
  9. Defender a lingua galega.
  10. Dotar de máis recursos aos PAC para mellorar o sistema sanitario galego.
  11. 12 Rexeitar a invasión de Ucrania por Rusia e a guerra de Israel e Palestina de Gaza.

Na clausura do acto participaron tres forzas políticas, PNV representada por Luke Uribe-Etxebarria que o fixo on- line e trasladou a disposición do seu partido a colaborar no traballo político, BNG representado por Xosé Luis Rivas( Mini) que saudou con cariño aos presentes e Terra Galega. O PG argumentou a existencia de dúas organizacións nacionalistas ou galeguistas que non se pisen entre elas. Unha das organizacións será xenuinamente patriótica e de esquerdas (BNG) e a outra galeguista e de centro dereita (PG) que competirá co electorado do Partido Popular.

A asistencia do BNG a este congreso puxo de manifesto que o Bloque Nacionalista Galego non quere ter unha mala relación co Partido Galego. Cada un de eles competirá por acadar o seu espazo e o seu electorado.

Para rematar o Partido Galego definínese coma un partido para a sociedade galega, democrático, participativo, plural, aconfesional e humanista, aberto ao progreso; en resumo  traballamos para a xente, por unha política útil e tendo a Galicia sempre no centro do noso pensamento político.

Como en todo acto político ou cultural pechouse o Congreso coa interpretación do Himno Galego polos membros asistentes o acto.

Comentarios