Opinión

De Anfield Road ao Anfield Carro

O mellor que podemos facer co partido do Lugo é esquecernos. E para esquecer, o mellor é non falar.


O mellor que podemos facer co partido do Lugo é esquecernos. E para esquecer, o mellor é non falar. Se ten algunha dúbida ao respecto, pode consultar os manuais para borrar a memoria que aplicaron os franquistas na nosa sociedade. O seu procedimento foi todo un éxito, o estado español é o 2º país con máis desaparecidos, coa incrible data de 114.000, Camboia ocupa o 1º posto nesta lista da vergoña.

O 6 de abril do ano pasado, eu estaba en Liverpool, era a conmemoración da traxedia de Hillsborough (onde morreron 96 afeccionados do Liverpool por mor dunha avalancha producida polo exceso de aforo no campo do Nottingham Forest e non polas accións dos "torcedores" do Liverpool, como dicía a policía inglesa) e sucedeu un feito que me axudou a entender todo o que supón o fútbol.

-Queres vir ao partido? -Si. -Pois logo acompáñame. -Canto é? -Nada, é gratis

Eu ía procurando unha entrada pola revenda cando se achegou a min un home chamado Michael e díxome:

-Queres vir ao partido?

-Si.
- Pois logo acompáñame.
-Canto é?
-Nada, é gratis
-Cómo que gratis?
-Sí, sóbrame un carnet do meu fillo e gustaríame que veñas conmigo.

A partir daí, fomos os dous andando até a tribuna de Anfield, explicoume que era de Nova Zelandia e que viña cada 15 días a Liverpool desde Londres, 3:30 horas en coche para ver ao seu equipo.

Cada vez que escuito que nas gradas do Anxo Carro estamos entre 3000 e 4000 persoas, eu, acórdome do meu amigo Michael e pregúntome se a cidade está a altura do equipo que temos.

Comentarios