mércores 26/01/22

A desobediencia lingüística salvou a lingua galesa

Na actualidade o país de Gales, con 3 millos de habitantes e unha extensión de 20779 km², mantén a súa lingua nacional, o gales, como a mais falada entre as linguas célticas. Incluso é mais viva socialmente que o irlandés, que ten o apoio dun estado independente. Isto debese á unha continuada desobediencia lingüística por parte dos seus falantes entre os anos 1963- 1993.

O país de Gales, dende que perdeu a súa independencia definitivamente no século XV, comezou á sufrir unha colonización lingüística e nacional dirixida á substitución do gales pelo inglés. Isto acentuou-se nos séculos XIX e XX coa chegada da industrialización do país. Así pois, cando en 1850 aínda falaba galés un 90% da poboación, no 1901 descendeu a un 49,9%, porcentaxe que foi diminuíndo a través do século XX até chegar ao 20,8%, no 1971. Este descenso continuado debe-se ao feito que a lingua galesa estaba completamente ausente no país: nas administracións, nas escolas, nos xulgados, etc.

A única lingua oficial era o inglés, igual que en Inglaterra. Os lingüistas prevían a extinción da lingua no século XXI. Será a partir de 1962, coa creación da Asociación de lingua galesa, implantada arreo por todo o país que comezará un amplio movemento reivindicativo pola oficialidade da lingua.

A partir de 1963, milleiros de falantes de galés iniciaron unha firme loita de desobediencia lingüística, consistente en cometer pequenos delitos como por exemplo andar pela noite en bicicleta sen luz e rotular en galés cartazes de todo tipo. Ante isto, negaban-se á pagar as multas escritas en inglés e cando eran citados aos xulgados (por non ter feito o pago) falaban só en galés. Feito este que levou a oitos activistas a ingresar na prisión. Estas campañas de acción directa e de desobediencia multiplicaron-se cada vez máis e non só para poder falar en galés nos xulgados, senon que tamén para conseguir unha televisión e radio integramente en galés, o ensino da lingua nas escolas e a oficialidade en todas as administracións e nos espazos públicos.

Deste xeito, parouse o continuo retroceso da lingua celta e conseguiron en 1993 a cooficialidade do galés en todo o seu país. Polo que respecta ao ensino, hoxe conseguiuse que un 30% das escolas publicas sexan en galés, (cando poucos anos atrás, non había ningunha) e a obrigatoriedade de ensinar o galés en todas as escolas.

A nivel político pola primeira vez, un Parlamento e Asemblea Nacional en 1999 e, agora, o Playd Cymru (partido independentista), ten un 25% dos deputados. A pesar de que un 25% da poboación naceu na Inglaterra, debido á emigración, que encareceu a vida, e provoca que moitos mozos teñan que se ir forzosamente fóra do seu pais para sobrevivir e, con este fenómeno se debilite o uso do galés, a lingua resistiu e reverteuse a situación: hai 30 anos falaban a lingua celta maioritariamente a xente de idade e, agora mesmo, é a xuventude. Este feito existoso de desobediencia lingüística fai que o galés recobre a súa vitalidade 50 anos mais tarde e que, a pesar das dificultades do presente, teña gaña a súa supervivencia. Isto, por tanto, é un exemplo á seguir para todos aqueles e aquelas (non importa a lingua que falen), disconformes con toda clase de leis inxustas e opresoras, que limiten a súa liberdade.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

A desobediencia lingüística salvou a lingua galesa
comentarios