Opinión

Ímonos divertir

Lembro aquelas campañas mastodónticas das épocas de Fraga, nas que eu pululaba entre bastidores, colocando líderes en sitios preferenciais, e pelexando contra métodos doutros tempos en lugares como Ponteareas, onde aínda gobernaba xugos e frechas. Campañas en “galego coma ti”, menos en Vigo, onde tiña que ser en castelán, por orde dos “señoritos”.

Esta campaña será moi diferente... distanciamento social e máscaras que deixarán ver só os ollos, a aqueles que irán a actos reducidos, só coa intención de proxección cara aos medios de comunicación. Estou desexando ver como os “carrexadores” introducen novos métodos ante o temor de que os nosos maiores non queiran facer voto presencial por medo á COVID. Será, con toda seguridade, algo a estudar no futuro nas facultades de Políticas, como asignatura complementaria, na materia de caciquismo,  tan propia da nosa terra.

Comentarios