Opinión

Como blindar as eólicas

Galiza exporta o 40,4% da súa produción, sen beneficio, non hai tarifa eléctrica galega nin tarifa para a industria. É o 0,5% do emprego.

Frente a recursos xudiciais no TSXG, PSOE e PP elaboran leis que blindan as grandes corporacións das eléctricas. Lideran contra a xudicialización de parques eólicos as empresas e o presidente da Asociación Eólica Galega (EGA), Manuel Pazo da sociedade pública, Xestión Enerxética da Galiza S.A. (Xestenga S.A.) entre 1986-1996, participa na elaboración do "atlas" para coñecer as áreas eólicas. Nos 90 adxudican a explotación de Paxareiras a Eurovento, Pazo foi unha década director xerente (X. Ferreiro, Nós Diario).

Hai unha trintena de parques eólicos autorizados pola Xunta que poden ser suspendidos. Galiza é moi rica en recursos naturais pero sofre un espolio colonial no mar, na terra, nos montes e no subsolo.

O franquismo explotou os ríos galegos como fonte enerxética. Os encoros asolagaron terras de labor fértiles e botaron a emigración a galegas e galegos. Somos potencia hidráulica. Hai 166 centrais, 45 de gran potencia e 121 de pequena. A concesión dura 75 anos e logo reverte ao sector público. Pois ben, 10 encoros caducados seguen a xerar millóns 27,2 a catro empresas. É mais, o Ministerio de Transición Ecolóxica (PSOE) tramita oito grandes encoros con 3.095 MW a compañías sen sede na Galiza. Agora toca explotar o vento. Como blindar a espoliación? Favorecendo as enerxéticas co Plan de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) do Ministerio, para o que non é prioritaria a pesca. Contra vilas mariñeiras e a industria-pesca. Facilitando a eólica mariña en ricos caladoiros da costa galega. Contra o Tribunal de Contas da EU "falta estudo do impacto na pesca".

A Xunta aprobou a Lei de Ordenación do Litoral, (Lei 4/23, do 6 de xullo de 2023) para ordenar o dominio público marítimo-terrestre. Levan 14 anos sen "pedir" competencias a Madrid. Esta lei favorece a eólica, o turismo e acuicultura intensiva. Pero os artigos 10 e 11 están suspensos polo Tribunal Supremo. A tese é declarar os eólicos "de interese público superior".

O Ministerio rebaixa as obrigas ambientais, igualando a enerxía ao medio ambiente.

Blindemos a nosa terra e o noso mar frente ao espolio colonial.

Comentarios