Opinión

Defendamos a Galega

Descoñezo o formato dos vindeiros debates electorais na CRTVG pero, vistos os precedentes –un só debate das Xerais ás 10 da mañá- nada nos sorprenderá.

Que os nosos medios públicos desaproveitasen o auxe dos programas de debate non é casual: é a lóxica imposta pola Dirección segundo a cal o conflito social e político aparece diluído –ou directamente censurado- entre novas da última verza xigante. Poñamos contexto: un director xeral prorrogado no cargo, unha lei sen desenvolver, represalias a persoal crítico coa Dirección ou caída do apoio á dobraxe e ao cinema galego.

É urxente un Parlamento que renove a CRTVG garantindo pluralidade e independencia. Neste contexto de voracidade informativa na que domina a perspectiva centralista precisamos medios públicos potentes con capacidade analítica  e visión galega. Coma  cada día o pan.

Comentarios