Opinión

F-estival

Hei, cuchipanda! Como anda a mandanga pola vosa banda? Pola miña non hai queixa. Xa hai ben alá un mes que estamos de vacacións (no meu caso no paro por cortesía da consellaría) pero vai sol e respiramos, que é o que máis mola. Un mesiño case xa sen nos ver, eh? E é aghora, claro, cando comeza o runrún da cabeza a escabichar: que a ver que facemos coas ferias, que cundía aproveitarlle un algo o tempo a-la-par que desbardir un chisco... e cal é a mellor opción para xuntar materia gris, lingua e rocanrol? Pois os festis de verán! Si, ho! Let's go!

"Pero o mellor de todo é que é unha festa feita polxs veciñxs de Vilaxoán, vila que na Guerra Civil se rebelou e revelou como a máis rebelde da contorna, que padeceu as consecuencias e que no X aniversario do seu festi dedícanllo ás traballadoras da fábrica conserveira Cuca"

Se arrincades agora mesmiño ao dreito de ler este artigo para Vilaxoán, inda chegades a tempo de catar dous días das Revenidas. Un dos festivais con máis porcentaxe de grupos galegocantantes. Onte alá estivemos a canda Borderline 79, uns tipiños da vosa idade que xa lle cantan á Lingua Proletaria do Celso Emilio e nosa. Tamén Lusco Fusco e Maskarpone, gañadores do concurso de grupos novos; ah, e os Lákazans do heredeiro Fran Velo. Hoxe Ultraqäns, Zenzar, Ruxe-ruxe e a Banda Fura Fura de homenaxe ao Zeca Afonso. E mañán o día ghrande: sardiñada de revenidas (o nome que lles dan alí ás sardiñas) e cartelazo, festa pola tarde con Trópico de Grelos, Narf e os Terribles de Arousa, circo, contacontos, maxia.... e á noite Estou na Lavadora co regreso esperadísimo do Caimán do Río Tea, a festaza da Compañía do Ruído, Os Diplomáticos e Martelo. Tamén xs irmxs éuscarxs de Zuloak e Fermín Muguruza. Cartelón! Pero o mellor de todo é que é unha festa feita polxs veciñxs de Vilaxoán, vila que na Guerra Civil se rebelou e revelou como a máis rebelde da contorna, que padeceu as consecuencias e que no X aniversario do seu festi dedícanllo ás traballadoras da fábrica conserveira Cuca, en loita polos seus dereitos, que até se lle arrupuxeron ao alcalde de Vilagarcía, o mesmo que lles pechou os locais de ensaio, por exemplo, a Borderline 79. Forza!

Vaia finde semaniña! Pero isto non remata aquí. Hai unha chispa de datas máis e grupos novos e vellos en galego a rular polo país. As festas da Dorna de Ribeira, e o 24 e 25 ciquiñentos grupos en Compos, entre Festigal, Gentalha do Pichel, festival da Candidatura do Povo, etc. E ao día seghinte xa comeza o Antros Pinos de Taragoña e o Desordes Creativas de arte urbana en Ordes e logo Pardiñas e o Castelo Rock de Muros e o Brincadeira e... boh, coma sempre que me poño co tema da música en galego, acábanse os caracteres antes ca a festa! 

Hai un ano comezabamos esta sección dedicándolla ao Cruceiro Rock de Vila de Cruces e hoxe xa vedes, como pasa o tempo. Arriba! 

Quinto, levanta, tira de la manta!

Comentarios