Opinión

O auxe independentista

Desde o comezo do proceso estiven dicindo o mesmo: é posíbel que gañe o si mais non é probábel. Porén, a pouco do referendo, atrévome a crer que un voto a favor da independencia é agora o resultado máis probábel. Non podemos e non debemos cantar vitoria antes de tempo mais síntese que, en palabras do primeiro ministro escocés, Alex Salmond, “é o noso momento”. 

Desde o comezo do proceso estiven dicindo o mesmo: é posíbel que gañe o si mais non é probábel. Porén, a pouco do referendo, atrévome a crer que un voto a favor da independencia é agora o resultado máis probábel. Non podemos e non debemos cantar vitoria antes de tempo mais síntese que, en palabras do primeiro ministro escocés, Alex Salmond, “é o noso momento”. 

"Non podemos e non debemos cantar vitoria antes de tempo mais síntese que, en palabras do primeiro ministro escocés, Alex Salmond, “é o noso momento”. 

Por que creceu o optimismo? Pois porque o pasado sábado chegou a noticia que levabamos meses agardando. Por vez primeira unha enquisa deu maioría a favor do si, 51%-49% -o mesmo día outra enquisa outorgou un 48% ao si e a segunda feira outra recoñeceulle un 50%, confirmando o auxe independentista. Finalmente revélase a realidade social que os políticos unionistas e os medios de comunicación convencionais trataron de negar e mesmo tapar (refírome ao caso dunha enquisa levada a cabo polo goberno británico e financiado con fondos públicos cuxos resultados foron ocultados ao público). Os resultados publicados o sábado reforzan os datos que foron compilados polos activistas independentistas na campaña porta a porta ao longo e ancho do país. Raramente favoreceron ao non e nalgúns casos deron unha maioría clarísima ao si. Por poñer o  exemplo máis destacado, a Radical Independence Campaign (RIC) levou a cabo unha enquisa de máis de dezaoito mil residentes dalgunhas das zonas máis desfavorecidas do país que arroxou unha estimación do 63% de votos positivos. 

A persistencia da maioría unionista nas enquisas choca co que percibo no meu núcleo familiar, nos meus círculos sociais e na miña participación na campaña porta a porta. Por iso a enquisa do sábado non me sorprendeu en absoluto; a única é que tardara tanto tempo en chegar. É difícil atopar unha enquisa levada a cabo durante os últimos dez anos que conceda menos dun 30-35% ao si. E cando se xuntan as dúas opcións propostas polo Scottish Nacional Party (SNP) en 2007, a independencia e a autonomía máxima, a cifra oscila entre o 60% e o 80%. Así que é claro que a inmensa maioría dos escoceses queren ter máis control do seu propio destino e ese factor máis que calquera outro influirá os aínda indecisos á hora de tomar partido. 

"A oferta de máis poderes á última hora é obviamente un acto de desesperación provocado polo auxe do independentismo con moi escasas posibilidades de o conter". 

Por iso a enquisa desatou as alarmas de Londres. De repente o mesmo canceler Osborne que insiste en que nos quitará a libra esterlina se votamos pola independencia quere ofrecernos máis poderes para seguir na unión. Mais aínda lembramos o referendo de 1979. Nesa ocasión o 52% votou a favor de establecer unha forma e autonomía un pouco inferior á que existe hoxe. O resultado quedou sen efecto porque o goberno laborista impuxera a condición de que a maioría fora máis do 40% de todo o electorado e non unha maioría simple. Durante a campaña o anterior Primeiro Ministro, Douglas-Home, prometera que co vindeiro goberno conservador Escocia tería “algo mellor” se votaba en contra da autonomía. O que nos deron foi unha década de Thatcher e, como din, a primeira vez que me enganas, a culpa é túa; a segunda é miña. 

A oferta de máis poderes (en realidade unha nova oferta dos mesmos poderes restrinxidos xa ofrecidos) á última hora é obviamente un acto de desesperación provocado polo auxe do independentismo con moi escasas posibilidades de o conter. Segundo unha enquisa desenvolvida o pasado xuño apenas o 34% confía en que os partidos unionistas cumpran co seu compromiso de dar máis poderes ao parlamento escocés en contraste cun 43% que non confía neles e o 23% que non saben si o farán ou non. A xente é consciente de que a única maneira de garantir que o parlamento escocés teña máis poderes é votar si o día 18 deste mes. A ver se os escoceses mostramos valor nesta data histórica. 

Comentarios