Opinión

Días e noites de (amor e de) guerra

O compañeiro Galeano tenos deleitado moito coa súa palabra, e sempre hai referentes que vencellan, que atan con nós de sangue, a dominadxs dunha esfera tamén dominada. “Los nadie” que decía, seguimos a ser nós mesmxs, donxs de nada e colonizados biopolíticamente a base de leis, a base de circuitos de dominación, a base de tecnoloxía que regule as nosas vidas, os nosos corpos...

O compañeiro Galeano tenos deleitado moito coa súa palabra, e sempre hai referentes que vencellan, que atan con nós de sangue, a dominadxs dunha esfera tamén dominada. “Los nadie” que decía, seguimos a ser nós mesmxs, donxs de nada e colonizados biopolíticamente a base de leis, a base de circuitos de dominación, a base de tecnoloxía que regule as nosas vidas, os nosos corpos...

A máis da poboación pode chegar a pensar que falar de patriarcado a estas alturas é algo irreal, que xa non existe, que xa non supón un perigo porque téndese á representación paritaria, con certa asepsia, con todo ese buenrrollismo que se fai por cumplir. Mais aí está o patriarcado, cos dentes máis afiados que nunca, dominando os corpos dxs nadie, facturando beneficios inmensos en base á colonización de todas as nosas compañeiras en resistencia.

"Aí está o patriarcado, cos dentes máis afiados que nunca, dominando os corpos dxs nadie"

Levo unha semana sen poder articular un discurso axeitado máis alá do calificativo fascista con respecto á colonización dos úteros de toda biomuller que viva no Estado, unha semana na que lembro moitas vivenzas, moitas compañeiras, moitas amigas, moitas familiares, mulleres biolóxicas ou non, que se ven represaliadas cada día polas regulacións patriarcales. Biomulleres que nacen para reproducir ás que se lles agasalla co poder de decidir como queren ser escravas, se estudiadas ou non, pero escravas do seu corpo regulado polos estamentos, escravas dos seus úteros, e condenadas a reproductoras, igual que o gando e que os millóns de animales que son explotados por ser inferiores ao canon, digamos, do home, que non de ser humán. 

"Esa misma colonización mental e corporal regula a miña vida, as vidas de todxs xs que conformamos o grupo das maricas pobres, bolleras, transexuales..."

Lendo a María Reimóndez denunciar o falso estatus paritario esta mañán, non podía máis que agradecer que alguén o dixera en alto, e lembrar que esa misma colonización mental e corporal regula a miña vida, as vidas de todxs xs que conformamos o grupo das maricas pobres, bolleras, transexuales... sin dereito a entrar no Olimpo aséptico do lobby gay, do diñeiro rosa tan ben querido. As nosas compañeiras trans, que por non ser biomulleres deben someterse ás diferentes regulacións legais, á tecnoloxía médica sobre os seus corpos para validarse, para existir. 

Son días de amor e de guerra, de guerra por amor a nós mesmas, de descolonizar os nosos corpos ou de abortar como facían as Femen a véspera de Nadal, o feto de Cristo no centro de Madrid. Son días de resistencia, de todxs e por todxs. E de dor inmenso por reclamar, como facía Erika Lust ao día seguinte de aprobada a reforma “Mi coño. Mis normas. Aborto libre e gratuito”.  

Comentarios