Opinión

Sobre a presa de Panamá

Falase  ultimamente, a favor ou en contra, da decision da empresa de construcions Sacyr- Vallehermoso de non continuar cas obras de ampliacion do Canal de Panama a non ser que a administracion, neste caso o goberno panameño,  lle faga unha  ampliacion do presuposto duns 1600 millons de dolares. 1600 millons sobre un presuposto de 3120; ou sexa, mais/menos o 50% do presuposto. A disculpa:  o informe xeoloxico non era correcto.

Falase  ultimamente, a favor ou en contra, da decision da empresa de construcions Sacyr- Vallehermoso de non continuar cas obras de ampliacion do Canal de Panama a non ser que a administracion, neste caso o goberno panameño,  lle faga unha  ampliacion do presuposto duns 1600 millons de dolares. 1600 millons sobre un presuposto de 3120; ou sexa, mais/menos o 50% do presuposto. A disculpa:  o informe xeoloxico non era correcto.

"As Autovias Galegas adxudicáronse cunha baixa do 26%, o cal fixo que o ministro do ramo, Sñr. Borrel, se plantexase seriamente non adxudicalas, pero os imperativos electorais determinaron a adxudicación con tal baixa".

Imos por partes: hai o costume, no estado español, de adxudicar boa parte das obras ás que concursan estas grandes constructoras  con fortes baixas, mesmo as veces, con baixas temerarias mal xustificadas. Faise así,  sabendo que a posteriori se fara unha modificacion do proxecto que as compense. ¿Que quere dicer esto? Que normalmente se aumentará o presuposto en base  -digamos-  a erros en algunha partida, medicións erróneas ou simplesmente esquecementos de algunha partida. Podo dicer porque xa é auga pasada, que as Autovias Galegas (no seu momento) se adxudicaron cunha baixa do 26%, o cal fixo que o ministro do ramo, Sñr. Borrel, se plantexase seriamente non adxudicalas, pero os imperativos electorais determinaron a adxudicación con tal baixa. O aforro que eso representaba acordouse investilo en “Consultings” que controlaran a construcción das obras conforme ó proxecto, pero a segunda parte é que os “Consultings” foron montados precisamente polas constructoras adxudicatarias co cal se dilue manifestamente a sua efectividade. 

Outro sistema usado polas grandes constructoras é a Subcontratación: no caso que referimos a subcontratación foi a parar a empresas  -normalmente galegas-  con certo prestixio no sector pero partindo dunha baixa do 26% e contando que a empresa concesionaria ten que gañar cartos, subcontratanse por unhos precios xa manifestamente indefendibles. Por si esto non fora suficiente, estas subcontratas volven subcontratar con outras empresas, xeralmente locais e mais pequenas (constructoras locais con 3/4 paleadoras e algúns camións) que foron quenes, en realidade fixeron a obra en virtude da cal, normalmente, se arruinaron. E ademais de arruinarse levaron canda elas a pequenos establecementos de hostalaria que quedaron sin cobrar, a gasolineiras que surtiron combustible que tampouco se puido pagar e, sobre todo, a traballadores  -mesmo autónomos cun camión ou cunbha paleadora-  que, ademais de por en risgo a sua vida con xornadas de traballo interminabeis, reduciron os seus salarios ou beneficios en aras dunha baixa de orixe que lastraba a realización da obra na sua totalidade.

"A empresa grande gaña cartos abusando das outras mais pequenas que a sua vez gañan poucos cartos abusando dos seus traballadores"

Estes eran os costumes na obra pública: Contrátase á baixa contando ca correspondente modificación de proxecto; móntase unha oficina no tramo a construir cun xefe de obra, algún administrativo, un encargado, un topografo e subcontratase; incluso co mesmo precio da adxudiación, pero ocultando a porcentaxe do beneficio empresarial. De este modo a empresa grande gaña cartos abusando das outras mais pequenas que a sua vez gañan poucos cartos abusando dos seus traballadores ou, en algúns casos, non gaña nada e arruinase laminando ainda mais o tecido empresarial da zona 

No caso que nos ocupa,  Sacyr-Vallehermoso e o canal de Panama, unha  empresa norteamericana, tamen grande, que participara no concurso declarou que por eses cartos non se poderia facer a obra. Eu estou completamente seguro de que Sacyr ten profesionais suficientemente expertos e cuaificados para calcular o presuposto co que se pode ir a unha poxa; tamén estou seguro de que antes de dar o precio comprobaron todo o proxecto, estudo xeolóxico incluido, movemento de terras, estructuras e precios por partidas; é de sentido común. ¿Cal é a miña conclusión? Que unha vez mais se xogou ó de sempre: ir á baixa para lograr a adxudicación e logo plantexar a modificación de proxecto, pero esta vez creo que algo debeu fallar con independencia de que as negociacións do governo español en favor de Sacyr den mais ou menos bó resultado e de que Panamá esté disposto a pagar mais ou non. 

E que algo fallara, a min, pareceme positivo e xusto porque por unha vez se lle pudo demostrar a quenes se creeron sempre donos de vidas e facendas que os proxectos das obras están feitos e presupostados para cumplilos con arreglo ás clausulas neles especificadas.

Comentarios