Opinión

Que rexeneración democrática?

O grao de deterioro alcanzado polas nosas institucións fai que sexa raro o partido que non demande un proceso de rexeneración democrática e que se declare disposto a encabezala. 


O grao de deterioro alcanzado polas nosas institucións fai que sexa raro o partido que non demande un proceso de rexeneración democrática e que se declare disposto a encabezala. O problema non está nas marabillosas declaracións de intencións que se poidan facer, pois en política as palabras soas non xeran iniciativas que logren un funcionamento máis democráticos das institucións nin un mellor benestar da cidadanía, senón na falta de lexitimidade moral de [email protected] [email protected] que concorren a estes comicios. Para intentar ilustrar todo isto de xeito máis concreto porei un par de exemplos.

O Concello de Santiago representa infelizmente o paradigma do deterioro institucional do que estamos a falar. Tres alcaldes nunha lexislatura, unha lista, a do PP, chea de [email protected], parálise institucional, despilfarro en obras inxustificables... Pois a solución para a cidade que propón o señor Núñez Feijóo é presentar a Agustín Hernández, isto é, a persoa que foi corresponsable con el mesmo da elaboración da lista de hai catro anos, a dos Conde Roa, Currás, Leis, Espadas, Prado e compaña. Mandaría vostede un pirómano a apagar un incendio? Eu non, pero vese que o señor Feijóo non ten ningún reparo ao respecto.

Mandaría vostede un pirómano a apagar un incendio? Eu non, pero vese que o señor Feijóo non ten ningún reparo ao respecto

Outra situación de dubidosa lexitimidade para concorrer como cabeza de lista a unhas eleccións atopámola no partido político Compostela Aberta (digo ben, partido político), a marca electoral de IU/PCE, Podemos e Anova. Presentar de candidato á alcaldía alguén que non reside no municipio, que é alcalde doutro Concello e do cal continúa cobrando aínda que non exerza como tal, mentres fai campaña noutro tampouco parece un exemplo de rexeneración. Se o fixese alguén doutra formación en seguida pasaría a ser [email protected] como “casta”. Alén disto, o seu proceso de elección tamén non foi dunha gran transparencia que se diga, pois o posto de candidato estaba xa blindado para evitar sorpresas por parte [email protected] votantes.

En Compromiso por Galicia realizamos unhas primarias abertas (as únicas en Santiago) no mes de outubro, ás que concorreron Xosemaría Rodríguez e Xosé Antón López. Puido presentarse e votar calquera residente en Compostela e, de feito, pasaron polas urnas máis de catrocentas persoas. Gañou Xosé Antón e elaborou unha lista, á que teño á honra de pertencer, formada por [email protected] profesionais de diferentes ámbitos cunha folla de servizos absolutamente inmaculada. Isto é apostar pola rexeneración democrática, o resto son brindes ao sol.

Por iso pido o voto para Compromiso por Galicia. Moitas grazas.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios