Opinión

Difícil mesmo para Maradona

O proceso de aprobación dos orzamentos españois está animado debido a que no campo de fútbol apareceron novos equipos que non participaron nos anteriores. No noso país, EH Bildu -evocando a Maradona- tocou o balón coa punta do dedo e meteu ao PNV un gol que resoou durante unha semana nos medios de comunicación. Os xogadores do PNV cercaron ao árbitro, vociferaron en sinal de protesta e conseguiron que o colexiado adoptara unha actitude favorábel nas seguintes xogadas. Son moitos anos de experiencia.

Na liga na que se xoga quen protexe mellor os intereses da cidadanía de Araba, Bizkaia e Guipuzkoa, EH Bildu -que ascendeu de categoría o ano pasado- se lle envalentonou ao PNV (que durante décadas xogou en solitario nesta categoría). É innegábel que nesa tentativa EH Bildu conta coa axuda do xuíz de liña de Podemos, así como é innegábel que o árbitro principal o mira con bos ollos. Hai partido para longo e, seguramente, farán falla dúas prórrogas e unha quenda de penaltis para saber quen é o gañador.

En Catalunya, como dous dos equipos están no céspede -Junts per Catalunya e CUP- decidiron non presentarse ao partido. O terceiro equipo (ERC) non ten contrincante directo nesta confrontación. Pero é sabido que o partido de volta se xogará en Catalunya o próximo 14 de febreiro e resultará máis complicado que o encontro entre os vascos, xa que os equipos de Catalunya e tamén un par de España -PsC-PSOE e Ciudadanos- están xogando dous partidos simultaneamente, os cales exixen un gran esforzo. E non convén esquecerse de Comu, que pretende xogar ao fútbol entre tres.

É innegábel que nesa tentativa EH Bildu conta coa axuda do xuíz de liña de Podemos, así como é innegábel que o árbitro principal o mira con bos ollos.

Na Galiza hai un único xogador, BNG, que non ten contrincantes pero corre o risco de quedar fóra do partido, posto que o árbitro non os invitou, de momento, a acordar as normas básicas do partido. Cando elixiron o árbitro, entón si que foi imprescindíbel que p BNG participara, pero dado que certas abstencións de entón son agora partidarias do si... O árbitro acabará convocándoos, aínda que sexa no último minuto.

Fará falla a lucidez do futbolista arxentino para prever os resultados finais destas competicións que se están a disputar simultaneamente.

Comentarios