Opinión

Ortografía

Una das cousas que máis nos preocupa ás docentes de lingua adoita ser como axudar o alumnado a superar os erros ortográficos. Nunha ortografía etimolóxica, como a nosa, só se aprende duna maneira, memorizando. Insístese en que a lectura axuda a instalar na nosa memoria e no noso subconsciente a forma das palabras, mais non nos enganemos, estamos a falar de pura memorización, una memorización que, a diferenza doutras, non se sustenta nunha explicación racional. E non é porque non a axa sempre, mais, a que ai, os fundamentos etimolóxicos da lingua, nin sempre é acaída para achegarlla á totalidade do alumnado, especialmente dos primeiros nibeis educatibos.

Recentemente, mentres paseaba por Viana do Castelo, detíbenme ante os escaparates ceos de porcelanas con mensaxes: "A nossa amizade ade acabar cando esta pomba buar", "Amizade duma amiga bale mais que tudo na bida". Mentres lles tiraba fotos, lembrei a conbersa que tibera días atrás sobre os problemas de ortografía que preocupaban os lingüistas portugueses. Estaba ante a ebidencia. Mais se reparamos, beremos que agás pola non separación dalgunhas palabras, estas porcelanas reflicten na súa escrita o xeito de falar das persoas, e a dialectoloxía do norte de Portugal, esa fonética próxima ao galego en que a diferenza entre 'b' e 'v' se neutraliza, o "h" desaparece e as bogais recóllense tal e como soan. As artesás que pintaron as mensaxes escribiron de oído. Reproduciron a súa fonética co alfabeto que coñecen. E nós entendemos perfectamente.

Isto sucede noutras moitas linguas que seguen a manter ortografías etimolóxicas en que a escrita se afasta da pronuncia e, para alén de corrixir a ortografía, ás beces tamén temos que corrixir a fonética (como sucede agora coa nosa contracción 'ao').

O debate é bello noutras linguas en que até oubo escritores que usaron os seus textos para alimentalo. Como agora eu fago.
Penso que é un tema digno de ser falado e do que poderiamos obter moitos beneficios para a lingua.

Comentarios