Opinión

As trampas do individualismo

Como nós, pobo milenario, seguimos sen comprender case nada? Como seguimos destrozando o patrimonio común cando, por exemplo, en Inglaterra aínda  se gaban das antigas casas do século XIV, conservadas tal cal eran? Como permitimos que individuos millonarios se lucren -ainda máis- a costa do patrimonio e do erario público galego? 


Como nós, pobo milenario, seguimos sen comprender case nada? Como seguimos destrozando o patrimonio común cando, por exemplo, en Inglaterra aínda  se gaban das antigas casas do século XIV, conservadas tal cal eran? Como permitimos que individuos millonarios se lucren -ainda máis- a costa do patrimonio e do erario público galego?  Como é que non nos sentimos don@s de defender o propio, malia ter que soportar algunhas pequenas molestias por non vermos todas as nosas calesquer apetencias  cumpridas? Como é que seguimos a defender e sufragar os custes de luxosas casas ou marcas millonarias, mentres cuestionamos a necesidade de protexer, e de defender, contra vento e maré, todo o que está alén da propia comunidade familiar?  

"Que clase de atadura é esta que nos vincula con  quen destrozan o patrimonio futuro do noso pobo co nariz posto no interior das nosas propias urnas?" 

E aínda din que @s galeg@s  temos que nos gabar, grazas á nosa natural compracencia co conformismo, na doazón do noso ser e mesmo das nosas vidas! E alcúmannos de rar@s descentrad@s cando non condescendemos coas rodas que nos aplastan o futuro!!

A comunidade humana é moi importante, ninguén pode dicir o contrario, mais, nin a comunidade nin a humanidade rematan para @s galeg@s nos lindes da propia estrutura familiar. Hai moito mundo para alén do propio clan de consanguineidade, mais alá do pai e da nai, hai moitas formas de vida familiar. Consuman máis ou menos, sexan ou non do meu sangue, as persoas coas que comparto mundo e ideais son a miña familia. As persoas ás que quero non son da miña propiedade, nin eu son propiedade delas, non me teñen, nin deixo nin quero que me posúan, compartimos, colaboramos, non somos propiedades nin reféns de ninguén. 

 As necesidades do meu prezado clan non fan lei nin debo pretender que as leis só satisfagan a miña restrinxida familia. Que clase de atadura é esta que nos vincula con  quen destrozan o patrimonio futuro do noso pobo co nariz posto no interior das nosas propias urnas? Que gañamos realmente con tanto conservadorismo neoliberal, con tanta propiedade privada e acotada? Cara onde pretendemos levar todo iso? 

"Como é que nos custa tanto comprometernos cun proxecto de autodeterminación e autoxestión para Galiza?"

Paga realmente a pena desentenderse do público e común para acrecentar os valores privativos dos explotadores?  Pensamos realmente que eses son os valores que han de soster, apoiar e alentar as xeracións futuras cando nós (a sociedade galega)  xa non poidamos protexelas?  Paga realmente a pena defraudar as lexítimas aspiracións soberanas de Galiza, da nosa grande tribo, por facer o que nos praza xunto cos que sosteñen a ideoloxía e os principios dunha falaz austeridade para seguir prexudicándonos?  Como é que nos custa tanto comprometernos cun proxecto de autodeterminación e autoxestión para Galiza?

Seguiremos a pensar que as clases non existen polo feito de arrimármonos  ao sol que mellor nos quenta os pés? Mais, ollo, o sol tamén se move, non é o centro do universo e aínda pode, se quere, paparnos os pés, se ademais xa ti lles legaches a túa vontade, tanto mellor! Fagan o que fagan, a algunhas persoas semella que sempre lle  vallen @s mesm@s escusas para mantelos no poder!! Entón, moita sorte, pois, é sabido que as grandes fortunas están cada vez en mans de menos xente. Acaroarse xunto a elas non garante nada ou case nada. Se entre elas se comen, como non acabaran de merendarse aos que non son da súa propia camada de  capitais?  

A cobiza non debera ser recompensada e non há durar esa compensación por moito tempo. De feito, nin a complicidade co capitalismo, nin o esmagamento das vidas d@s outr@s, poden compensar nada. Filocinismo e apoliticismo de bla, bla, bla…;  moitas das crenzas comúns nin tan sequer chegan ao estatus das crenzas; tan só agochan  o tamaño dunha exclusivísima indixencia ética. Politicamente inducida, aclarémolo. 

Comentarios