Opinión

Condolencia. 24 de xullo. 20:42.

Calquera de nós poderïamos ter viaxado nese tren, calquera de nós poderïamos  estar a agardar pol@s que veñen, pendentes dos reloxos e os paneis na estación de Santiago de Compostela. A maioría non terïamos reparado na rotundidade da curva da Grandeira, ao seu paso polo lugar de Androis, nin na posibilidade dunha viaxe sen chegada nin retorno para tantas persoas que viñan somnolentas e felices por estaren xa a un pequeno pasiño das súas agarimadas ilusións duns días de lecer, ou de voltar a casa, en compañía das familias e @s amig@s, con corpo trouleiro, festeiro ou patriótico, pois todo tipo de ansias cabían nese tren.
 
Calquera de nós poderïamos ter viaxado nese tren, calquera de nós poderïamos  estar a agardar pol@s que veñen, pendentes dos reloxos e os paneis na estación de Santiago de Compostela.

Moit@s estaríamos xa en pé, pendentes das maletas, preparad@s para desembarcar e apertar felices a quen por nós agarda, sexa na estación, na rúa ou na casa. A tan pouca distancia da meta, quen ía pensar na traxedia, na inmensa dor, en tanta incertidume, en tan densa escuridade … 

E que terá de excepcional o ver a cidadanía galega o ser a primeira en volcarse en aportar solucións, en ofertar a súa capacidade de traballo e de colaboración gratuíta, mesmo quen xa non conta nas estatísticas do paro, quen forman parte d@s desposuíd@s polo sistema capitalista de explotación? Que terá de especial que os denostados servizos públicos funcionen e respondan cun grande plus de solidariedade e compromiso ante o apremio da urxencia?

O excepcional é que o poder dominante pareza esquecer uns breves instantes a súa animadversión contra a cidadanía e contra o pobo, pobo ao que algúns facían referencia  como se por primeira vez tomasen conciencia da súa existencia, de que está aí, malia que tantas vegadas se lle dea as costas e se lle negue a posibilidade de ser ouvido con confianza e con respecto.

E non haberá quen lle queira pór o freo a tanta dor, a tanto sufrimento? A que vén esa présa por rematar as obras, por abaratar os custos, por recortar en seguranza?

E non haberá quen lle queira pór o freo a tanta dor, a tanto sufrimento? A que vén esa présa por rematar as obras, por abaratar os custos, por recortar en seguranza? A que veñen todas esas ordenanzas internas, que incitan a amosar a produtividade dun/dunha operario/a en base a traspasar os límites racionais do tempo vital?

Que clase de gobernantes poden antepór os intereses dunha elite  insaciábel fronte as vidas humanas?

En que parte da Constitución se está a proscribir o principio da solidariedade permanente? Esa solidariedade e hospitalidade que os pobos practican dende sempre, malia non teren tomado aínda, como é o caso do pobo galego, conciencia política da súa abondosa forza e da urxencia de que o seu sabio labor se materialice en amplas conquistas de futuro compartido e solidario. Ese futuro que mesmo ante a dor da impotencia nos reclama.

Comentarios