Opinión

Perder non é unha opción para o Celta

Non gañar é unha posibilidade, perder é unha elección.


Non gañar é unha posibilidade, perder é unha elección. Ao comezar os partidos os equipos de fútbol, na sua maioria, aspiran á vitoria pero moitas veces o empate convértese nunha boa opción ante a posibilidade de perder o encontrro. O sábado, fronte ao Valencia, e a pesar do abultado do resultado, perder nunca foi unha opción para o Celta. Nin para o equipo, nin para a afección. Cinco goles en contra significan cinco erros. Pero nada máis. Non significan que o equipo se desfixera en mil pedazos, nin que dera unha mala imaxe, nin sequera que non pelexara por marcar goles. Significa que ao final do encontro o Celta non foi un equipo derrotado.

Non sería realista pensar que a derrota non é xusta porque o Valencia, sen amosar un xogo espectular, foi todo o efectivo que non foi o Celta e soubo aproveitar á perfecccion cada un dos erros do equipo. O segundo gol do Valencia deixou ao Celta 'fora de xogo' xusto antes do final da primeira metade cando o partido estaba máis encarado cara ao segundo do Celta. O feito de que o equipo rematase a primeira metade por detrás cando merecía máis enfriou a cálida tarde de Balaídos. Seguro que Berizzo no descanso deulle folgos ao equipo e transmitiulle o bon e o malo da primeira metade para evitar males maiores. Porén, todo iso deixou de ter sentido un minuto despois cando Alcacer aproveitou sabiamente un erro de Jony na cesión dun balón. Ese gol foi o fin e ao Celta costoulle voltar á vida despois dese fallo que os deixou sen opcións con toda a segunda parte por diante. Aínda así o Celta non se desfixo e puxo en práctica o que saben facer, xogar ao fútbol. O equipo colleu o balón e comezou a xogar e xerar ocasións de gol. Fixo unha reivindicación do seu xogo aínda tendo que levar ás costas tres goles. Despois chegaron dous máis do Valencia pero esos xa son máis parte da anécdota que da realidade vista no terreo de xogo. Unha vez perdido o partido daba ben igual por cantos goles perder, o importante era manter ao equipo íntegro e en pé.

O Celta non se desfixo e puxo en práctica o que saben facer, xogar ao fútbol

No fútbol sempre hai sitio para as conclusións rápidas froito máis da emoción que da razón. Pero, unha vez pasado o encontro e vistas as consecuencias, semella que o Celta o sábado deixou no camiño tres puntos, pero gañou o apoio incondicional da bancada. Os minutos finais con toda a grada regalándolle ao equipo unha sonora ovación son un espaldarazo sen paliativos ao xogo e ás ideas de Berizzo. Son o si a loitar a pelexar até o final sexan cales sexan as consecuencias. Son un si a gañar, incluso perdendo.

Comentarios