Opinión

O Celta quere máis

Falar a estas alturas da temporada de perder puntos paréceme un pouco atrevido

Falar a estas alturas da temporada de perder puntos paréceme un pouco atrevido polo feito de que os equipos aínda están a atopar o seu xogo e o seu estilo. Tamén o Celta, que aínda que parece un equipo ben acoplado, son evidentes algúns desaxustes. Pero, como dicía, o resultado de empate a un fronte ao Cordoba o pasado sábado non o calificaría como de ocasión perdida, nin sequera de pérdida de puntos. Sería mellor falar de puntos gañados, aínda que ese punto saiba a pouco polo visto no terreo de xogo. Puntos gañados porque nin o Celta aspira a gañar a Liga (non, non aspira a gañar a Liga) nin pode, de momento, opositar a metas que a priori deben ser máis unha ilusión que unha realidade.

Sería mellor falar de puntos gañados, aínda que ese punto saiba a pouco polo visto no terreo de xogo

A calor tampouco debe de ser unha excusa, pero o certo é que o Córdoba xestionou mellor o bochorno que o sábado recibiu os vigueses no Novo Arcángel. Souberon aguantar a primeira metade a pesar da superioridade técnica e física do Celta e, tras o gol, amosaron máis frescura no terreo de xogo conseguindo deixar os celestes sen balón e sen ideas. O Celta baixou a presión e foise afastando cada vez máis da portería rival, o que permitiu que o Córdoba lle regalase a súa afección, 40 anos despois, unha boa estrea no seu campo fronte á un rival que foi, en liñas xerais, superior.

Radoja na medular
Eu si dou por bo o punto. O Córboda fixo méritos para conseguir o empate e o Celta volta para Vigo cunhas cantas leccións aprendidas que de seguro lle serán de axuda para afrontar un ano ilusionante e duro. A estas alturas da tempada, case son máis importantes as lecturas positivas que se fagan que os puntos. Unha desas lecturas foi observar que o centro do campo celeste non parece estar en perigo porque, tanto a semana pasada con Borja Fernández como esta con Radoja, o Celta semella responder ben ao cambio de xogador na medular. Quizáis a Borja Fernández lle falta aínda o chisco de madurez e de agresividade que si semella ter Radoja, que se acoplou á perfección no equipo. O do Novi Sad, cun xogo máis participativo, foi un grande apoio para os seus compañeiros tanto nas tarefas defensivas como nas subidas á área rival.

Comentarios