Opinión

Un Celta orgulloso do seu fútbol

O partido do Celta contra o Espanyol o sabado en Balaídos foi, como dixo, Berizzo, o perfecto resumo dunha tempada que mellorou en numeros á pasada 

O partido do Celta contra o Espanyol o sabado en Balaídos foi, como dixo, Berizzo, o perfecto resumo dunha tempada que mellorou en numeros á pasada e que probablemente será o preludio dunha mellor o ano que vén. O Celta é hoxe máis equipo, ten máis recursos no terreo de xogo e conseguiu ter no banquillo un entrenador comprometido co equipo e coas súas necesidades.

Berizzo é o Celta e é o celtismo. Conseguiu trasmitirlle a afección a necesidade de crecer mesuradamente, sen tolear. Só os malos resultados dos meses ‘horribilis’ -polos que o Celta, incluso sendo superior, encadeou unha serie de derrotas seguidas- afástano hoxe de xogar en Europa a próxima tempada. Aínda así o resultado da tempada é de notable alto, o Celta conseguiu 51 puntos (dous máis que a pasada) e remata oitavo, a un posto de Europa.

 O Celta engrandece o fútbol, ese fútbol racano só preocupado por defender sen xogar

Pero Berizzo non é nada sen o equipo que se ve semana tras semanas no terreo de xogo. Sen os xogadores que o sábado, ante un bo Espanyol, decidiron que querían rematar a tempada ensinando o bo que ten o equipo e deixando de lado o malo. O equipo loitou desde o mesmo instante no que quedou con dez xogadores pola expulsión de Sergio. E loitou convencido de que lle quería regalar a afección a última vitoria da tempada. E ese é un dos grandes valores deste equipo, que nunca se rende. Nunca. Exceptuando un par de partidos na tempada nunca se rendiu, nin nos peores momentos, nin perdendo contra o Real Madrid deixou de buscar a vitoria. E iso é o que define a un equipo, as suas ganas de ganar sempre. E o Celta engrandece o fútbol, ese fútbol racano só preocupado por defender sen xogar.

Ese xogo, esa alegría do Celta non sería posible sen homes como Krhon Dehli. O dinamarqués marcha do Celta sen unha liña oscura no seu servizo. Sempre dando o mellor e sempre sendo un dos mellores do equipo. O Celta xogou durante moitos partidos ao que quixo Khron, deixouse dirixir pola sua sabia batuta que acabou en pases de gol xeniais. Botarémolo de menos pero, neste equipo, como lembrou Berizzo, ninguén é imprescindible. “Se marchan 17 habera 17 xogadores para substituilos”. E iso é fundamental para que o equipo funcione. Ter claras as ideas. Os xogadores veñen despois.
 
Oubiña

Nesta ultima reflexión da tempada hai un home chave que colga as botas e que non se pode pasar por alto. Borja Oubiña. Chave si, pero non tanto polo que aportou no terreo de xogo, que foi moito, senon pola súa atitude sempre respetuosa. Nunca deixou de loitar contra as suas lesións. Cando todos o daban por retirado volveu e fixo unha das súas mellores tempadas con Paco Herrera no banquillo. A mala sorte devolveuno á escuridade da lesión e desta volta non puido ser. Oubiña foi o gran capitán dos últimos tempos, a el debémoslle estar de novo en Primeira porque foi un dos que máis empurrou este equipo cara arriba. #GrazasCapitan sempre
 
PD: E o Celta, en parte este ano non tería os puntos que ten senón fose polos seis que lle gañamos ao Dépor, así que pola parte que nos toca, noraboa ao Deportivo pola súa permanencia! Sempre é unha boa nova saber que o ano que vén haberá un novo #onosoderbi en Primeira
 

Comentarios