Opinión

Cabral, o árbitro e a tolerancia cero

A RAG define “cagón” na súa primeira acepción como alguén “que caga moito ou moitas veces, en particular cando o fai por si”.


A RAG define “cagón” na súa primeira acepción como alguén “que caga moito ou moitas veces, en particular cando o fai por si”. Na súa segunda acepción sinala que cagón é unha persona “que demostra pouco valor”. Non sabemos en que acepción estaba a pensar Cabral o sábado cando decidiu lanzarlle ao árbitro o sempre escatolóxico “cagón de merda”. A actualidade manda e Cabral non perdeu a oportunidade de mandarlle un recadiño ao árbitro, por se acaso. Ante as acusacións de presuntas presións aos árbitros para favorecer ao Real Madrid no próximo derbi, Cabral viu a posibilidade en bandexa e non o dubidou. O de “cagón de merda” foi o berro desesperado de todos os que pensamos que, en realidade, os árbitros amosan pouco valor en xeral cando teñen que tomar decisións difíciles en contra do Real Madrid ou o Barcelona. As verbas de Cabral enfureceron tanto ao árbitro que, como posuído por un espírito maligno e cabreado, comezou a sacar tarxetas amarelas até que lle pasou o enfado. Ademais do propio Cabral, viron tarxeta Augusto, Aspas e Pablo Hernández. E non a viu ningún xogador máis porque non pasaba por alí nese momento. Simplemente semellaba que Cabral foi quen de tocarlle a Clos Gómez a súa fibra máis sensible e deixar abaneando o seu orgullo. A escena semellaba máis un acto irracional que un acto mesurado e levado polo sentido común da arbitraxe, se é que existe.

Non digo que o Madrid teña aos árbitros ao seu favor, digo que os árbitros saben quen é o Madrid no fútbol español e quen é o Celta e, ante a dúbida, as posibilidades do Celta non están tan claras como as do Madrid

Para min a tarxeta é xusta aínda que rigurosa, pero a cuestión aquí é se o árbitro resolveu do mesmo xeito as protestas cando os protagonistas eran os xogadores do Real Madrid. Non, a resposta é sinxela. Non porque o árbitro quixera favorecer aos 'brancos' senon porque a presión que equipos como o Real Madrid exercen sobre os colexiados vai máis aló dos simples incidentes dos partidos. Non digo que o Real Madrid teña aos árbitros ao seu favor, digo que os árbitros saben quen é o Real Madrid no fútbol español e quen é o Celta e, ante a dúbida, as posibilidades do Celta non están tan claras como as do Real Madrid. Ante a disxuntiva, expulsar ou non expulsar, a resposta probablemente é non expulsar na maioría dos casos para o Real Madrid. Pero, en fin, non penso que o fagan conscientemente, senon que é máis ben unha reacción irracional. O de ser cagón ou non vén de serie nas persoas e nos árbitros e Cabral soltou o primeiro que se lle pasou pola cabeza, que normalmente é un reflexo da realidade dos nosos pensamentos.

O Celta non perdeu o partido pola tarxeta vermella a Cabral, nen perdeu o partido porque Navas fixera un partido extraordiario. O Celta perdeu porque tiña que perder e porque as situacións do xogo favoreceron ao Real Madrid e eles souberon controlar mellor esas circunstancia favorables. O árbitro só lle deu ao Celta e aos afeccionados a excusa perfecta para seguir crendo que, ante o Real Madrid, tolerancia cero.
 

Comentarios