Opinión

Manuel Espasandin, vocalista da Orquesta Lira

Coñecido por Manolo "O Ribeiro", no vindeiro 21 de  setembro, vai cumplir 94 anos. Con raíces en San Xoán de Cambeda, no verán de 1952, subiu aos de música coa Orquestra Lira, unha formación cuios compeñentes, procedían de Castro, excepto Manuel Suarez que viña de Buxán.

Antes de formar parte do elenco musical de Dumbria, a agrupación inicial fora instrumental, iniciada con oito músicos, chegando a ser once no templete. Uns e outros sindicados e cotizando a Sociedade de Autores, nunha época que algunhas Comisións  de Festas, recollían millo nas  aldeas para  facer frente o contrato, excepto os veciños de Corcubión, Cee e mesmo Muxía que desembolsaban os cartos en efectivo.

O crego de Pereiriña, contratabaos para amenizar todalas festividades xa dun ano para outro, namentras o cura de Couceiro, facia  o propio  para amenizar os festexos de Santa Mariña de Trasufre.

No lugar do funcionista tocaban a Alborada, facendo o mesmo as personalidades do lugar, sendo agasallados coa "parva" ou mesmo dicir, roscón de  pan e ovo e unha copas. Igualmente  antes da Misa, tocaban varias pezas, así como a continuación facelo propio, na alzada e procesión, esperando logo a tardiña, por volta das oito para iniciar a festa que se vai  prolongar  ata meia noite, congregando no torreiro, lugareños e foráneos doutras terras, bailando uns e outros ao son da orquestra,ante a vixiliancia da Benemérita

 Lo dudo, lo dudo, lo dudo
que halles un amor más puro
como el que tienes en mi

A voz inconfundible de Manolo, animador da formación, a mesma que comezara  como Agrupación Musical no ano 1947, fundándose despois  a Orquestra, que contou con 11 músicos nalgunha época, recorrendo durante o vrao as terras de Soneira e limítrofes, amenizando as Festas do Patrón, freguesías  e lugares, onde se escoitaban pezas como "Soy minero", "Camino verde", "Mi carro", "Viva España", "Una paloma blanca" ou "Camino verde".

No lusco fusco daquelas  festas, Manuel Espasandin, envolvía Berdeogas, Bujantes, Dumbría, Ezaro, Oliveira, Salgueiro, entre outras aldeas de Fisterra a onde ecoaba  a voz  do vocalista de Piñeros.

Hoy he vuelto a pasar
Por aquel camino verde
que por la calle se pierde
con mi triste soledad

Comentarios