Opinión

O que lles queda por legalizar

Hoxe é un día histórico para min. Erguinme cunha lupa que me permite ver e dicir con claridade o que estaba latente no meu cerebro. Sabíao pero non era unha evidencia. 

Velaí: a totalidade da sociedade, mulleres e homes, aceptan unha mentira histórica, unha impostura criminal, unhas relacións persoais e socio-económicas espúreas. Xa está.

Hoxe é un día histórico para min. Erguinme cunha lupa que me permite ver e dicir con claridade o que estaba latente no meu cerebro. Sabíao pero non era unha evidencia. 

Velaí: a totalidade da sociedade, mulleres e homes, aceptan unha mentira histórica, unha impostura criminal, unhas relacións persoais e socio-económicas espúreas. Xa está.

"Pensei no matrimonio. Unha lei? Un contrato? Onde se especifican as condicións? Danse por entendidas. Si Quero, din as partes. Consinto. A partir de aí os homes adquiren a condición superior de pater, de poder".

Púxenme a escribir sobre a vindeira legalización da prostitución, e enfrenteime ao criterio dos actos lícitos ou ilícitos entre mulleres e homes, e o consentimento das partes, das persoas implicadas. Vin que nada diso está nas normas públicas. Igual que co resto das mulleres.

As Constitucións democráticas, ou os Códigos penais, teñen en conta os modelos universais do ben e do mal para considerar o que é lexítimo e moralmente válido, e nesa medida vanse modificando. O feito de dar consentimento a un acto non modifica o acto en si mesmo. Ante un asasinato, por exemplo, non se pode alegar consentimento da vítima. A lei é a lei. 

Daquela pensei no matrimonio. Unha lei? Un contrato? Onde se especifican as condicións? Danse por entendidas. Si Quero, din as partes. Consinto. A partir de aí os homes adquiren a condición superior de pater, de poder, e fan uso da situación, e as mulleres pasan á dependencia e submisión. Si quero din, e asignan procurando non manchar de tinta o velo de tule (tola) ilusión. Ese velo, vela, esa ilusión, cega, diría Rosalía que ben sabía. 

Hai parellas máis “progresistas” que casan só no xulgado; outras son parellas de feito; outras nin iso, únense de seu. Cabe a posibilidade de que, máis tarde, a vaquiña polo que vale, casen  porque o matrimonio tamén regula o patrimonio e compre deixar os bens amañados.

"De todos modos as mulleres deciden libremente venderse facer comercio sexual co seu corpo, coa produción do seu útero, co seu labor permanente, co coidado, co amor". 

De todos modos as mulleres deciden libremente venderse facer comercio sexual co seu corpo, coa produción do seu útero, co seu labor permanente, co coidado, co amor. 

Fano porque queren, pero queren e queren e non deixan de querer unirse a un home, ter unha familia e entrar na Esfera Privada onde van servir como di a copla: dime casadiña nova como che vai de casada, como criada que serve e non lle pagan soldada. 

A superioridade individual dun sobre outra, quen lla outorga? O sistema. A Constitución igualitaria é falsa.

O Código penal, falso. A moral, falsa. O rei vai espido, a raíña tamén e embarazada. 

Dentro do fogar hai unha opresión das débiles polos fortes. Presións, violencias, manipulacións, humillacións son, ou poden ser, feitos ordinarios.

"As “mulleres públicas” veríanse libres de pertencer a un home, de obrigas domésticas, e cobrarían polo que as “mulleres privadas” fan gratis"

A sociedade está organizada de forma que ningunha muller se libre de ter relación con homes. Agás algunhas solteiras con emancipación económica e sen mobing no traballo. E isto cómpre recoñecer é novo na sociedade.

Nesta situación, as “mulleres públicas” veríanse libres de pertencer a un home, de obrigas domésticas, e cobrarían polo que as “mulleres privadas” fan gratis. De non ser que, mulleres en fin, acostuman a depender dun macarra ou caen en mans de mafias que as explotan.  

A violencia, nas privadas é peor. O mal trato é maior no ámbito familiar, e danse menos casos de morte de mulleres prostituídas que de amas de casa. Así, a ollo, sen facer contas…

O Estado actúa coas mulleres como unha mafia. Explota as privadas, das que saca o 58% do PIB, e coas públicas sindicadas, volverá encher as arcas co esforzo das mulleres.

Quen lles vai dicir agora ás mulleres que aínda se cren decentes que son peor usadas que as indecentes?

Comentarios