Opinión

A intuición

Tradicionalmente ás mulleres recoñéceselle unha maior intuición. É algo que se afirma. Ignoro se está demostrado e non pretendo facelo. O que si podo demostrar é que cando se aplica un don ás mulleres, fan todo o posible para  convertelo en algo negativo.

Tradicionalmente ás mulleres recoñéceselle unha maior intuición. É algo que se afirma. Ignoro se está demostrado e non pretendo facelo. O que si podo demostrar é que cando se aplica un don ás mulleres, fan todo o posible para convertelo en algo negativo.

"A lentitude masculina é positiva. A rapidez feminina é negativa. Estamos ante os prexuízos da mentalidade patriarcal. Unhas toliñas".

Leo no xornal que a ciencia avala a intuición feminina e xa, nalgunha investigación, encontraron a explicación biolóxica, asociada á menor exposición prenatal de testosterona nas mulleres. A demostración fixérona mediante un test de Reflexión Cognitiva realizado a universitari@s . Os homes reflexionan máis tempo e dan respostas correctas, mentres que as mulleres, dan respostas máis intuitivas e fallan máis respostas. A lentitude masculina é positiva. A rapidez feminina é negativa. Estamos ante os prexuízos da mentalidade patriarcal. Unhas toliñas.

O grave é que confunden a intuición coa velocidade de resposta dun coñecemento estudado, dun acto de memoria. Chaman intuición a responder sen pensar. Nada que ver co concepto de intuición, e a visión de grandes filósofos actuais.

Recorro a explicacións de filósofos da ciencia, como Wilson ou Wagensberg, entre outros. A intuición é unha capacidade de pensamento, de cognición rápida. O poder de saber nos primeiros segundos.A cognición rápida é a selección de datos significativos. 

"Falan de xuízos non de respostas a cuestionarios como fixeron os autores desa conclusión “científica” na que se deduce que as mulleres somos atoladas, non intelixentes".

Como é posible, pregúntanse, reunir a información necesaria para elaborar un xuízo complexo nun tempo tan curto? Falan de xuízos non de respostas a cuestionarios como fixeron os autores desa conclusión “científica” na que se deduce que as mulleres somos atoladas, non intelixentes.

A resposta é que cando o inconsciente está facendo esta selección de datos, o que facemos é unha versión acelerada do coñecido. Algo como un coup d’oeil. Unha capacidade de extraer conclusións a partir dunha selección de datos significativos.

Intuír é, daquela, relacionar, quizais so frisar unha realidade con outra que foi reiteradamente percibida. Como quen sabe o que vai facer un pelouro sobre a superficie do mar cando se tira de determinada maneira. Ou sexa a intuición non é un don que veña maxicamente, senón un resultado de diferentes coñecementos. A intuición é unha revelación da propia mente, unha mente que se nutre en cada percepción, unha mente que se enriquece e a través deses datos chega a saber en poucos segundos. 

Esta veloz capacidade mental, é fantástica, tanto se a posúe máis o xénero feminino ca o masculino. Coñezo esa experiencia e tenme producido instantes de profundo gozo.    

Comentarios